Primeiro Concilio de Nicea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
[[Ficheiro:Nikea-arius.png|200px|miniatura|O Concilio de Nicea, con Ario representado como derrotado polo concilio, baixo os pés do Emperador Constantino.]]
Alexandre e os pais conciliares rebateron as teses arianas, argumentando que a paternidade do Pai, como o resto dos seus atributos, é eterna. En consecuencia, o Pai fora sempre pai, e o Fillo, por tanto, sempre existira xunto a El, en igualdade e consubstancialidade. Os pais conciliares pensaban que seguir o razoamento ariano destruía a unidade de [[Deus no cristianismo|Deus]], e convertía ao Fillo en desigual ao Pai. Insistían que este punto de vista era contrario a pasaxes das Escrituras como ''"Eu e o Pai somos un"'' (Xoán 10:30)<ref>'''30''' Ego et Pater unum sumus. ([http://www.vatican.va/archive/bible/nova_vulgata/documents/nova-vulgata_novum-testamentum_lt.html Nova Vulgata])</ref> e ''"a Palabra era Deus"'' (Xoán 1:1).<ref>'''1''' In principio erat Verbum, et Verbum erat apud Deum, et Deus erat Verbum. ([http://www.vatican.va/archive/bible/nova_vulgata/documents/nova-vulgata_novum-testamentum_lt.html Nova Vulgata])</ref> Xunto a Atanasio, declararon que o Fillo non tiña un comezo, senón unha "procedencia eterna" do Pai, e polo tanto era coeterno con El, e igualmente Deus en todos os aspectos.
=== Resultado dos debates ===
O concilio declarou que o [[Deus Fillo|Fillo]] é verdadeiro Deus, coeterno co Pai e xerado da Súa mesma substancia, argumentando que dita doutrina era a que mellor codificaba a presentación que fan as Escrituras do Fillo así como as crenzas tradicionais cristiás sobre El transmitidas polos apóstolos. Baixo a influencia de Constantino, esta crenza foi sintetizada polos bispos na declaración nicena, base do [[credo niceno]].
 
== Notas e referencias ==