Diferenzas entre revisións de «Maionesa»

m
m
Non se sabe con certeza a orixe do [[alioli]], mais si se sabe que é moi antiga. Cítase xa na [[Grecia Antiga]] (coma ''skordalia'') na comedia ''Os cabaleiros'', de [[Aristófanes]], que data do ano [[424 aC]], e seguramente os exipcios xa tiñan algún mollo semellante."<ref name=gust>''El gust d'un poble'', páxs. 61-62, de Jaume Fàbrega, Cossetània Edicions, 2002, ISBN 8495684918</ref>
 
De feito, salsas semellantes, moi simples e con ingredientes tan básicos coma o aceite de oliva e o allo, están presentes na cociña tradicional de todo o mediterráneo. En [[España]] existe o ''ajoaceite'', en [[Occitania]] hai o ''alhòli'', en [[Italia]] a ''agliata'', en [[Grecia]], a [[República de Malta|Malta]], no [[Líbano]] hai o "zeit bil toum" (literalmente, ''aceite con allo''), etc. En Galiza, coma mestura de cociñas atlánticas e mediterráneas, non existe ningún mollo deste tipo. O que semella claro é que é un produto mediterráneo e de orixe humilde (campesiño e pescador).<ref>Josep Pla: "l'allioli és la salsa antiquíssima, popular (marinera i pagesa), típicament mediterrània".</ref>
 
O alioli aparece xa citado no ''[[Llibre de Sent Soví]]'' (ano 1.324) e no século XIX xa é coñecido como salsa "catalá".<ref>"Salsa a la catalana dicho ''alioli''" al ''Nuevo manual de la cocinera catalana y cubana'', editado en 1858 na Havana, Cuba</ref><ref>"Salsa a la catalana dita alioli" en ''La cuynera catalana'', anónimo, ano 1835</ref> A primeira receita de maionesa atopada no País Valenciano data de 1905, escribiuna Joan Company e, segundo esta, faise co [[morteiro]] fregado con allo. O alioli sen allo pódese considerar unha versión relativamente recente do alioli clásico, coa intención de facelo máis fino. [[Josep Pla i Casadevall|Josep Pla]] resúmeo así "a maionesa non é máis que o alioli idealizado e distingido: sen sabor a allo, para resumir".<ref>"jo defensava l'allioli/aquella sabor, la seua trèmola soldiesa/ tu, al contrari, defensaves la maonesa/ adduint testimonis cultíssims de gourmets/ t'he de dir, malgrat tot, que la maonesa/ és sols un allioli que va eixir maricó" a ''Les pedres de l'àmfora'', de Vicent Andrés Estellés, 1.999, ISBN 978-84-7502-006-8</ref>
21.448

edicións