Primeiro Concilio de Nicea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 61:
Grande parte do debate dependía da diferencia entre ser "nado" ou "creado" e ser "xerado". Os arianos consideraban que eran esencialmente o mesmo, os partidarios de Alexandre non. O significado exacto de moitos dos termos empregados nos debates de Nicea non estaban totalmente claros para os falantes doutras linguas. Termos [[Koiné|gregos]] como "esencia" (''[[ousia]]''), "sustancia" (''[[hipóstase (relixión)|hypostasis]]''), "natureza" (''physis'') e "persoa" (''prosopon'') tiñan unha variedade de significados extraídos dos filósofos pre-cristiáns, que levaban a moitos malentendidos. A verba ''[[homoousios|homoousia]]'', en particular, foi inicialmente rexeitada por moitos bispos ao asociala coas herexías [[gnosticismo|gnósticas]], que foran condenadas nos [[Sínodos de Antioquía]].
=== Posición de Ario (arianismo) ===
Segundo as crónicas, [[Ario]] defendía que o Fillo de Deus era unha criatura feita da nada, xerada directamente do Deus Eterno, e que era a primeira creación de Deus, antes de todos os séculos; e que todo fora creado a través do Fillo. Xa que logo, segundo os arianos, tan só o Fillo fora creado directamente creado e xerado por Deus, e por tanto houbera un tempo no que El non existía. Ario pensaba que o Fillo de Deus tiña capaz de actuar a vontade, ben ou mal. Tamén pensaba que, ao ser verdadeiramente un fillo, debía proceder posteriormente ao Pai, e xa que logo debía de existir o tempo cando El non existía, polo que debía ser un ser finito. En consecuencia, Ario pensaba que a divindade do Pai era maior que a do Fillo. Os arianos citaban as Escrituras, con versículos como ''"o Pai e mais ca min"'' (Xoán 14:28)<ref>'''28''' Audistis quia ego dixi vobis: Vado et venio ad vos. Si diligeretis me, gauderetis quia vado ad Patrem, quia Pater maior me est. ([http://www.vatican.va/archive/bible/nova_vulgata/documents/nova-vulgata_novum-testamentum_lt.html Nova Vulgata])</ref> e ''"de toda criatura el é o primeiro nacido"'' (Colosenses 1:15)<ref>'''15''' qui est imago Dei invisibilis, primogenitus omnis creaturae. ([http://www.vatican.va/archive/bible/nova_vulgata/documents/nova-vulgata_novum-testamentum_lt.html Nova Vulgata])</ref>
 
== Notas e referencias ==