Indoeuropeística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Dialectoloxía: arranxiños
Liña 43:
[[Ficheiro:IE expansion.png|miniatura|esquerda|300px|Esquema sumario do proceso de indoeuropeización de Eurasia entre V e I milenio a.C., segundo a Teoría kurgánica]]
Un intento alternativo de explicar a complexidade dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas foi proposto, no [[1872]], por [[Johannes Schmidt]]: o ''[[teoría das ondas|modelo das ondas]]''. Tal esquema prevía un ''continuum'' dialectal entre todas as linguas indoeuropeas, con algunhas máis próximas a outras, pero no cal unha innovación particular podía "propagarse", como os círculos das ondas, non só aos dialectos contiguos, senón tamén - se ben en número menor - tamén aos máis remotos. Como o da árbore, tamén o modelo das ondas é teoricamente posíbel; porén, o seu emprego para a descrición dos nexos dialectais indoeuropeos se revelou pouco produtivo. Ámbolos dous, en particular, tiñan o defecto de seren sistemas pechados: o descubrimento dunha nova lingua inevitabelmente os tornaría totalmente errados - cousa que sucedeu en efecto co desciframento do hitita, no 1917. O conxunto dos problemas a resolver - dialectalización gradual, contactos secundarios entre as linguas, etapas intermedias comúns, valoración de arcaísmos e innovacións, etc. - levou aos indoeuropeístas no século XX a operar con modelos radicalmente diferentes: os da escisión gradual. Tales esquemas, ademais, permiten encadrar tamén cronoloxicamente, e non só lingüisticamente, a sucesión do fraccionamento do conxunto indoeuropeo nas varias ramas da familia lingüística indoeuropea, sen por isto poñer obstáculos a eventuais contactos secundarios acontecidos en momentos históricos sucesivos. Entre os primeiros esquemas deste tipo, o proposto por [[George L. Trager]] e [[Henry L. Smith]] no [[1951]]: unha proposta pronto rexeitada na súa formulación específica, pero amplamente aceptada desde o punto de vista do esquema, hoxe de uso común na indoeuropeística tamén por ser perfectamente compatíbel coa [[Teoría dos kurgans]] de indoeuropeización da [[Eurasia]]<ref name=villar3 />.
A amplitude e caracteres dos nexos dialectais entre as linguas indoeuropeas son actualmente un dos temas máis debatidos da indoeuropeística, con pouco acordo no seo da comunidade científica sobre os detalles do complicado e plurimilenario proceso de separación e continuo reagrupamento entre as linguas. Existen, con todo, algúns puntos,amplamente se non unanimemente aceptados. Un é a certeza de que o [[Linguas anatólicas|grupo anatólico]] foi a primeira rama en separarse do tronco común, probabelmente no [[-IV milenio a. C.]]; Do mesmo modo, hai acordo en considerar o [[Linguas indoiranias|grupo indoiranico]] herdeiro do indoeuropeo máis recente. Téñense mesmo identificados trazos dialectais específicos compartidos polas linguas indoiranias co [[Lingua armenia|armenio]], o [[Lingua frixia|frixio]] e o [[Lingua grega|grego]], o que leva a moitos indoeuropeístas a concluír que tamén estas tres linguas derivan dunha variedade tardía do indoeuropeo, falada a finais do [[-III milenio a. C.]]. Para as outras familias lingüísticas indoeuropeas o cadro aparece máis confuso; a súa orixe sitúase xeralmente a principios do III milenio a. C., pero con etapas de desenvolvemento secundarias en parte comúns e en parte orixinais, aínda obxecto de estudo. Aínda está en estadio de hipótese a proposta de identificar un estrato aínda máis antigo de linguas indoeuropeas, xerado no [[-V milenio a. C.]] e polo tanto mesmo anterior ás linguas anatólicas, que terían deixado algúns testemuños na [[hidronimia]] de [[Europa]], pero nas herdeiras históricas coñecidas: é o que se coñece como [[antigo europeo]].<ref>Villar, pp. 617-639; Watkins, pp. 47-51.</ref>.
 
====Nostratística====