Abrir o menú principal

Cambios

En calquera caso, o mito encádrase perfectamente no movemento da resistencia nacido entre os campesiños do cantón de Uri a partir de [[1278]], o cal se confederou cos de [[cantón de Schwyz|Schwyz]] e [[Unterwalden]], formando unha [[Liga Perpetua]] ([[1291]]) en contra dos Habsburgo. Este movemento transformouse deseguido nunha rebelión aberta contra os Habsburgo, que culminou coa vitoria das tropas dos tres cantóns sobre o duque [[Leopoldo de Habsburgo]] na [[batalla de Morgarten]] ([[1315]]). Os tres cantóns, predominantemente rurais e de fala alemá, formaron a [[Antiga Confederación Suíza|Confederación Helvética]], núcleo da [[Suíza]] actual.<ref>{{cita web|autor=Biografías y Vidas|título=Guillermo Tell|url=http://www.biografiasyvidas.com/biografia/t/tell.htm|dataacceso=5 de xullo de 2004}}</ref>
 
== Schiller e Rossini ==
Co transcurso dos séculos, a figura de Guillerme Tell encarnou os ideais de loita pola liberdade e independencia de Suíza primeiro, e máis tarde os de amor paterno e a loita pola xustiza. Numerosos autores, especialmente durante o Romanticismo, atoparon en Guillerme Tell a súa fonte de inspiración. [[Friedrich Schiller]] baseouse na lenda de Guillerme Tell para escribir un drama en cinco actos e en verso, pertencente á época clásica da literatura alemá: ''Guillerme Tell'' (en alemán: ''Wilhelm Tell''), en [[1804]].
 
O drama de Schiller serviu de inspiración a numerosos autores posteriores, como o drama histórico ''Guillerme Tell'' de [[Antonio Gil y Zárate]]. Posteriormente, [[Eugenio d'Ors]] publicou tamén en [[1926]] a súa obra ''Guillermo Tell. Tragedia política'', escrita en [[1923]] durante unhas vacacións no [[Rexión de Tirol|Tirol]], unha orixinal reelaboración da lenda do heroe suízo.
 
Pola súa banda, [[Gioacchino Antonio Rossini]] utilizou a obra de teatro, adaptada ao francés por Victor Étienne e por Hippolyte Bis a partir do texto de Schiller, para compoñer a [[Guillaume Tell|ópera homónima]] en [[1829]], que se estreou en Parides. A [http://www.tell.ch/sound/williamtell.mid obertura] de dita opera é mundialmente coñecida e popular.
 
==Outras obras literarias==
En ''Wilhelm Tell für die Schule'', de [[1971]], [[Max Frisch]] presenta unha versión notoriamente distinta do personaxe e a súa historia. Aquí, non é xa un heroe da liberdade, senón un campesiño cerril e tozudo, empeñado en facer algo -disparar a frecha- que ninguén lle esixe. O representante do poder imperial aparece como un home atormentado polas xaquecas, os ventos alpinos e a incomprensión do comportamento dos lugareños. O mito nacional queda desmontado. A novela ten o elemento curioso de que notas ao pé de páxina, con citas orixinais e referencias documentais, van avalando a versión que presenta Frisch.
 
==Notas==