Guillerme Tell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
 
==A Historia==
Ata máis dun século e medio despois de que tivesen lugar os feitos protagonizados por Guillerme Tell non empezaron a ser recollidos en crónicas e baladas transmitidas oralmente. Cara a [[1470]] aparecen as primeiras menciones en textos escritos suízos e coñécese a existencia dun drama en verso, en alemán, chamado ''Wilhem Tell'', que foi refundido en [[1545]] por [[Jacob Ruof]] ([[1500]]-[[1558]]). Con todo, a versión clásica do mito apareceu no ''Chronicon Helvetium'' de [[Aegidius Tschudi|Egidio Tschudi]], case 200 anos logo da época en que se supón que ocorreron os feitos relatados. Nesta crónica se datan os feitos protagonizados por Guillerme Tell en novembro de [[1307]], e a de [[1308]] como a da definitiva liberación de [[Suíza]].
 
Con todo, non hai ningunha proba contemporánea de que Tell nin Gessler existisen. É máis, existen abundantes lendas que, con outros personaxes e noutros paraxes, relatan unha proeza arquera parecida á de Tell. Por exemplo, o motivo do disparo contra a mazá atopa un episodio moi similar na ''Crónica dinamarquesa'' de [[Saxo Grammaticus]] (ao redor de 1200), así como nunha antiga balada inglesa de [[William of Cloudeslee]]. Quizá por iso, no [[século XVIII]] xurdiu unha corrente historiográfica que puxo en dúbida a existencia histórica do heroe, debido á falta de fontes históricas contemporáneas e á innegable raíz folclórica dalgúns elementos que adornan a lenda.
 
En calquera caso, o mito encádrase perfectamente no movemento da resistencia nacido entre os campesiños do cantón de Uri a partir de [[1278]], o cal se confederou cos de [[cantón de Schwyz|Schwyz]] e [[Unterwalden]], formando unha [[Liga Perpetua]] ([[1291]]) en contra dos Habsburgo. Este movemento transformouse deseguido nunha rebelión aberta contra os Habsburgo, que culminou coa vitoria das tropas dos tres cantóns sobre o duque [[Leopoldo de Habsburgo]] na [[batalla de Morgarten]] ([[1315]]). Os tres cantóns, predominantemente rurais e de fala alemá, formaron a [[Antiga Confederación Suíza|Confederación Helvética]], núcleo da [[Suíza]] actual.<ref>{{cita web|autor=Biografías y Vidas|título=Guillermo Tell|url=http://www.biografiasyvidas.com/biografia/t/tell.htm|dataacceso=5 de xullo de 2004}}</ref>
 
 
==Notas==
{{listaref}}