Diferenzas entre revisións de «Celtiberos»

Con este termo adoita facerse referencia ás tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como aos idiomas que estes grupos falaban, aínda que, realmente, o termo celtibero refírese unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica existindo outros con outros nomes ([[vetóns]], [[vacceos]], [[lusitanos]], [[carpetanos]] etc.). Este pobo celtibero, que habitaba na Cordilleira Ibérica e á que os romanos consideraban unha mestura de celtas e iberos, diferenciábase dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Pero esta idea de que os celtiberos son o resultado da unión dos celtas e os iberos é un erro que xa se deu en época romana. Hoxe sabemos que os celtiberos son un pobo de cultura celta, que recibe influencias dos iberos pola súa proximidade, pero en ningún caso son o resultado dunha mestizaxe entre ambas culturas.
 
A xulgar polo rexistro arqueolóxico, os celtas chegaron á Península Ibérica no [[século -XIII|século XIII adC]] coa gran expansión dos pobos da [[Cultura dos Campos de Urnas]], ocupando entón a rexión nordeste. No [[século -VII|século VII adC]], durante a [[Cultura de Hallstatt]] expándense por amplas zonas da meseta e [[Portugal]], chegando algúns grupos a [[Galicia]]. Con todo, trala fundación grega de ''Massallia'' (actual [[Marsella]] na [[Francia]]), os [[iberos]] volven ocupar, o val medio do [[Ebro]] e o nordeste peninsular aos celtas, dando pé a novos establecementos gregos ([[AmpuriasEmpúries]]). Os celtas da Península quedaron así desconectados dos seus parentes continentais, de maneira que nin a cultura celta de [[La Tène]] nin o fenómeno relixioso do [[Druída|druidismo]] lles chegarían nunca{{ReferenciaRequerida}}. A cultura celta na Península Ibérica chegará ao seu final coa conquista romana, á que moitas tribos célticas se opuxeron.
 
== Pobos celtiberos ==
48.021

edicións