Diferenzas entre revisións de «María I de Inglaterra»

→‎Primeiros anos: pequenos cambios
m (Bot: "en:Mary I of England" é un artigo bo; cambios estética)
(→‎Primeiros anos: pequenos cambios)
 
== Primeiros anos ==
María foi a quinta filla nada do primeiro casamento de [[Henrique VIII de Inglaterra]] con [[Catarina de Aragón]] e a única en chegar á idade adulta. Naceu no [[palacio de Placentia]], sito no lugar de [[Greenwich]], e recibiu o [[bautismo]] poucos días despois do seu nacemento, tendo ao Cardeal [[Thomas Wolsey]] como padriño. Durante a súa nenez, María amosouse como unha rapaza precoz e fráxil, con mala [[visión]] e propensa a fortes [[xaqueca]]s. O seu pai concedeulle unha corte de seu no Castelo de Ludlow e varias prerrogativas normalmente atribuídas ao [[Príncipe de Gales]]. A educación de María ficou a cargo da súa nai e de Margarida, Condesa de Salisbury (filla de [[George, Duque de Clarence]]), unha das mulleres máis cultas do seu tempo. A princesa aprendeu [[latín]], [[Lingua castelá|castelán]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua grega|grego]], [[ciencia]]s, [[teoloxía]] e [[música]]. Aos catro anos xa tocaba á [[arpa]]. A cuestión do seu casamento foi motivo de manobras e negociacións diplomáticas dende moi cedo. Entre os seus pretendentes, elixidos de acordo aos interese políticos do pai, atopábanse: Francisco, Duque da Bretaña e herdeiro de [[Francisco I de Francia]], o seu irmán máis novo e futuro [[Henrique II de Francia|Henrique II]], o propio Francisco I e o emperador [[Carlos I de España|Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
Entre tanto, o matrimonio dos seus pais atopábase en crise. Dende [[1527]] Henrique VIII tentaba anula-lo, co obxectivo de casar con [[Ana Bolena]], quen lle parecía máis apta para producir un fillo home. Tódalas tentativas para que [[Santa Sé|Roma]] o declarase nulo fallaron na súa contra. No inicio de [[1533]], [[Thomas Cranmer]], Arcebispo[[arquidiocese dacatólica Cantuarialatina de Canterbury|arcebispo de Canterbury]], declarou o casamento con Catarina de Aragón inválido, tornando lexítimo o recente casamento con Ana Bolena. Para evitar un apelo de Catarina ao Papa, Inglaterra cortou as relacións co [[Vaticano]] e Henrique VIII foi declarado xefe da nova [[Igrexa Anglicanade Inglaterra]]. Para María, estes eventos tiveron consecuencias drásticas. De princesa de Inglaterra e herdeira da coroa, pasou a ser considerada filla ilexítima con tan só o dereito de tratamento de ''Lady Mary''. Trala disolución da corte de Ludlow, María converteuse na dama de compañía da súa irmá acabada de nacer: [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]]. Ademais foi afastada da súa nai, séndolle prohibida a súa visita, e en [[1536]], a asistencia ao seu funeral. Este tratamento foi interpretado como inxusto na [[Inglaterra]] e no resto da [[Europa]] da época, contribuíndo á crecente impopularidade de Ana Bolena.
 
Trala execución de [[Ana Bolena]] en [[1536]], tamén Isabel foi declarada ilexítima, uníndose a María na condición de ex-princesa. [[Xoana Seymour|Jane Seymour]], a madrasta seguinte, deu a luz ao tan desexado herdeiro: o futuro [[Eduardo VI de Inglaterra]], afastando definitivamente, a María e a Isabel como herdeiras do trono. A derradeira muller de Henrique VIII, [[Catarina Parr]], conseguiu reconciliar ao rei coas súas fillas e, en [[1544]], a pesares de ser consideradas ilexítimas, María e Isabel foron recoñecidas polo Parlamento como segunda e terceira na liña de sucesión. Trala morte do seu pai, Henrique VIII, a maioría dos privilexios de María fóranlle de novo restablecidos, porén, María rexeitou en todo momento converterse á fe anglicana, permanecendo fiel á relixión católica.
68.482

edicións