Diferenzas entre revisións de «Calvos de Randín»

Desfíxose a edición 3193867 de 213.60.210.82 (conversa)
(O contido da páxina foi substituído por "{{outroshomónimos|Calvos}} {{Concellos de Galicia en progreso}} *. Categoría:Concellos da provincia de Ourense Categoría:Calvos de Randín")
(Desfíxose a edición 3193867 de 213.60.210.82 (conversa))
{{outroshomónimos|Calvos}}
{{Concellos de Galicia en progreso}}
{{Concello|
*.
escudo = Escudo de Calvos de Randín 2002.svg|
imaxe = [[Ficheiro:Concello Calvos de Randín.jpg|300px]]|
pé = Casa consistorial|
xentilicio= [[wikt:randinense|randinense]] <small>(non oficial)</small>|
provincia= Ourense|
preposición1= de|
comarca= Limia|
preposición2= da|
superficie= 97,7|
entidades= [[Lugares de Calvos de Randín|9 parroquias]]|
capital= |
coordenadas= <br />|
altitudemax= - |
altitudemin= |
ano poboación= 2009|
poboación= 1.093|
galego ano= 2001|
totalgalego= 98,78|
galego sempre 29= 88,07|
galego ás veces 29= 6,82|
galego nunca 29= 5,11|
elec ano= 2011|
pp= 3|
votospp= votos - |
bng= 0|
votosbng= votos - |
psg-psoe= 6|
votospsg-psoe= votos - |
outros= -|
votosoutros= -|
alcalde= Aquilino Valencia Salgado|
partido= PSdeG|
eleccións= [[Eleccións municipais en Calvos de Randín]]|
censo ano= 2007|
totalelectores= 1.409|
votantes= 961 - 68,20|
abstencións= 448 - 31,80|
enbranco= 1 - 0,10|
nulos= 5 - 0,52|
enderezo= |
cp= 32016|
teléfono= |
fax= |
email= |
web= http://www.calvosderandin.com/gl|
orz ano= 2000|
totalingresos= |
totalgastos= |
tributospropioshab= |
transferenciashab= |
consumopúblicohab= |
gastocapitalhab= |
}}
'''Calvos de Randín''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertence á [[Comarca da Limia]]. Segundo o padrón municipal, en [[2009]] tiña 1.093 habitantes <small>(1.242 en [[2003]])</small>.
 
{| {{Táboabonita}}
|-----
| '''Censo Total'''
| 1.093
|-----
| '''Menores de 15 anos'''
| 55 (5,03 %)
|-----
| '''Entre 15 e 64 anos'''
| 475 (43,46 %)
|-----
| '''Maiores de 65 anos'''
| 563 (51,51 %)
|}
 
{{Hab info|3.650|3.676|3.429|2.074|1.212}}
 
==Xeografía==
O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de [[Serra de Larouco|Larouco]], [[Serra do Xurés|O Xurés]] e [[Serra da Pena|A Pena]], acadándose nesta última os 1.400 m de altitude. O municipio está atravesado polo [[río Salas]], afluente do [[río Limia|Limia]], onde se construíu o [[encoro de Salas]]. Á súa vez, este río recibe as augas do [[río Firbeda]].
 
É unha zona con [[clima oceánico]] de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.
 
==Historia==
A situación fronteiriza con [[Portugal]] marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no [[castelo da Picoña]], derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do [[Conde de Lemos]].
 
Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó [[Couto Mixto]]. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do [[Tratado de Lisboa (1864)|Tratado de Lisboa de 1864]].
 
O [[22 de febreiro]] de [[1944]] tivo lugar o [[accidente de Monteagudo]], no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.
 
==Patrimonio==
Os xacementos humanos máis antigos datan do [[megalitismo en Galicia|megalitismo]], como as [[mámoa]]s de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).
 
Da [[cultura castrexa]] son os [[castro (poboado)|poboados]] de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).
 
A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios [[peto de ánimas|petos de ánimas]], en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.
 
O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de [[pazo]] galego, con tres corpos conectados por unha [[solaina]]. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.
Dentro da arquitectura popular destacan os [[hórreo]]s en Randín e Rioseco, [[cruceiro]]s, [[forno]]s comúns, [[fonte]]s, [[muíño]]s, [[calzada]]s e [[ponte]]s.
 
==Goberno municipal==
{{AP|Eleccións municipais en Calvos de Randín}}
En [[2010]] catro edís do [[PPdeG]] co apoio do ex-edil do [[PSdeG]] [[José Manuel Andrade]] presentaron unha moción de censura ao alcalde [[Aquilino Valencia]]. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repita o pleno.
 
==Galería de imaxes==
{{AP|Galería de imaxes de Calvos de Randín}}
<gallery>
Ficheiro:Igreja Santiago Rubias.JPG|Igrexa de Santiago de [[Rubiás, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín|Rubiás]]
Ficheiro:Capela de Santo Antón de Randín.jpg|Capela de Santo Antón, en Randín.
Ficheiro:Peto de ánimas Calvos de Randín.jpg|[[Peto de ánimas]] en Calvos.
Ficheiro:Inscrición peto Calvos de Randín.jpg|Inscrición no peto de ánimas de Calvos.
</gallery>
 
==Parroquias==
{{Calvos de Randín}}
 
==Lugares de Calvos de Randín==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Calvos de Randín vexa: [[Lugares de Calvos de Randín]].
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==
{{commonscat}}
===Outros artigos===
*[[Couto Mixto]]
 
{{ConcellosLimia}}
{{Ourense}}
 
[[Categoría:Concellos da provincia de Ourense]]
12

edicións