Wado-ryu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Wado-ryu''' (<small>kanji: </small>{{lang|ja|和道流}}, hiragana: {{lang|ja|わどうりゅう}}) é un estilo de karate, creado polo mestre xaponés Hironori O..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2014 ás 13:52

Wado-ryu (kanji: 和道流, hiragana: わどうりゅう) é un estilo de karate, creado polo mestre xaponés Hironori Otsuka, en 1932, que é unha evolución da forma primitiva do estilo Shotokan na cal son engadidas moitas técnicas do estilo Yoshin-ryu, de Jujutsu. O estilo foi creado por causa da diverxencia entre os puntos de vista de mestre Gichin Funakoshi e de Hironori Otsuka. Por causa da súa orixe, acostúmase dicir que o Wado-ryu é o estilo de karate con maiores características xaponesas, pois o creador xa era un recoñecido mestre de jujutsu.[1]

A denominaçom do estilo significa "camiño da paz", en razón dos kanji usados: "wa" (paz) e "dō" (camiño). O estilo se diferencia dos outros por causa da énfase nos movementos esquivos e nas técnicas de proxección, que son máis comúns no jujutsu e no aikido.[2]

Notas

  1. "Wadô-Ryu Karatê-Do Renmei do Brasil" (en portugués). Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  2. Cody, Mark Edward (2008). AutorHouse, ed. Wado Ryu Karate/Jujutsu (en inglés). Bloomington.