Sol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "ar:الشمس" é un artigo destacado; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 7:
O Sol presenta unha estrutura granulosa e o seu brillo non é uniforme, sendo o bordo menos brillante que a parte central do disco solar. As capas exteriores do Sol divídense en: [[fotosfera]], a máis profunda, con preto de 300 km de espesura e unha temperatura mínima de 6 000 [[Kelvin]]; a [[cromosfera]], con preto de 8 000 km de espesura, de onde emerxen enormes chorros luminosos, as [[protuberancias solares|protuberancias]], que chegan a acadar 800 000 km de altura, e maila coroa, cunha altura de 1 millón de quilómetros e unha temperatura de 1 millón de K.
 
A temperatura interna acada 20 millóns de K. Presúmese que o Sol ten 5 000 millóns de anos de idade, e pola secuencia principal do [[Diagrama de Hertzsprung-Russell|Diagrama de excrementosl]], pódese considerar unha [[estrela anana]]. O seu "imperio" - o [[Sistema Solar]] - comprende 9 [[planeta]]s, 1 600 [[asteroide]]s, 32 [[satélite]]s e un grande número de [[cometa]]s, cun volume que corresponde a unha esfera duns dous anos luz de raio, pois as estrelas máis próximas están a unha distancia duns 4 anos luz. As súas magnitudes características (aproximadas) son Diámetro: 1 390 000 km; Superficie: 1 940 000 km²; Volume: 2 700 000 millóns de km<sup>3</sup>; Masa: 2 · 10<sup>30</sup> kg; Velocidade absoluta (en relación ao centro da Vía Láctea): 216 km/s; relativa (en relación ás estrelas máis próximas): 19 km/s.
 
É a [[estrela (astronomía)|estrela]] do sistema planetario no que se atopa a [[Terra]] e, con moito, o astro con maior [[Magnitude aparente|brillo aparente]]. A súa visibilidade no [[ceo]] local determina, respectivamente, o [[día]] e a [[noite]] en diferentes rexións de diferentes planetas. Na Terra, a [[enerxía]] radiada polo Sol é aproveitada polos seres [[fotosíntese|fotosintéticos]], que constitúen a base da [[cadea trófica]], constituíndo así a principal fonte de enerxía da [[vida]]. Tamén aporta a enerxía que mantén en funcionamiento os [[clima|procesos climáticos]].