Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 70:
Cando as erupcións dun volcán están acompañadas de gases quentes e cinzas prodúcese o que se coñece como fluxo piroclástico ou [[nube ardente]]. Tamén coñecida como ''avalancha incandescente'', a nube ardente desprázanse pendente abaixo a velocidades próximas aos 200 km/h. A sección basal destas nubes conteñen gases quentes e partículas que flotan neles. Desta forma, as nubes transportan fragmentos de rochas que grazas ao rebote dos gases quentes en expansión deposítanse ao longo de máis de 100 km dende o seu punto de orixe.
 
En [[1902]] unha nube ardente dun pequeno volcán chamado [[Monte Pelée]] na illa [[Caribe (rexión)|caribeña]] de [[Martinica]] destruíu á cidade portuaria de [[Saint Pierre (Martinica)|Saint Pierre]]. A destrución foi tan devastadora que morreu case toda a poboación (uns 28.000 habitantes). A diferenza de [[Pompeia]], que quedou soterrada nun manto de cinzas nun período de tres días e as casas quedaron intactas (salvo os teitos polo peso das cinzas), a vila de Saint Pierre foi destruída só en minutos e a enerxía liberada foi tal que as árbores foron arrincados de raíz, as paredes das casas desapareceron e as monturas dos canóns se desintegraron. A erupción de Pelée mostra o distintosd que poden ser douslollll volcánsesto does mesmouna tipo.mierda
 
==== Lahar ====
[[Ficheiro:VolcanicPipe.jpg|esquerda|240px|Esquema da estrutura interna dun vulcán]]
Os conos compostos tamén producen coadas de barro chamadas [[lahar]], unha palabra de orixe [[Indonesia|indonesio]]. Estes fluxos prodúcense cando as [[cinza]]s e derrubamentos volcánicos se saturan de auga e descenden pendente abaixo, normalmente seguindo os [[val]]es dos ríos. Algúns dos lahares prodúcense cando a saturación é provocada pola choiva, mentres que noutros casos cando grandes volumes de xeo e neve se derreten por unha erupción volcánica. En [[Islandia]] ao último caso denomínaselle [[jökulhlaup]] e son devastadores.
 
Destrucións importantes por lahares déronse en [[1980]] coa erupción do [[monte Saint Helens]], en Estados Unidos, que malia as desfeitas producidas, non produciu moitas vítimas debido a que a rexión é pouco poboada. Outro foi en [[1985]] coa erupción do [[Nevado do Ruíz]], en [[Colombia]], a cal xerou un lahar que matou a case 20.000 persoas.
 
== Formas volcánicas relacionadas ==