Facsímile: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Suprimo en castelán. Os usos poden saír en calquera lingua: galego, inglés, francés, italiano ou castelán
cómpre ligar os artigos en singular
Liña 4:
Para os libros e manuscritos implica unha copia completa de todas as páxinas, polo que unha copia incompleta é un "facsímile parcial".
 
Para conseguir realizar este tipo de reproducións de alta calidade, o máis habitual é utilizar técnicas fotográficas e de [[serigrafía]], que permiten imitar fielmente as cores, tamaño, defectos e matices do documento orixinal. Os facsímiles son os máis axeitados para os documentos impresos ou escritos a man, pero esta técnica non adoita aplicarse a obxectos tridimensionais ou pinturas que teñan relevo, como por exemplo as [[pintura ao óleo|pinturas ao óleo]]. As reproducións destes últimos obxectos son coñecidas como [[réplicasréplica]]s.
 
Os facsímiles adoitan aplicarse como medida de seguridade en museos e bibliotecas para permitir que os usuarios teñan acceso a unha copia exacta do documento orixinal, sen arriscarse a que este sexa subtraído ou se deteriore co tempo. A maioría de bibliotecas poñen a disposición do público facsímiles dos seus documentos máis valiosos, quedando os orixinais reservados para usuarios que soliciten expresamente unha autorización.