Aleksandr Pushkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
obra. Fonte en.wiki.
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
{{Literatura en progreso}}
{{Escritor
|nome = Alexander Pushkin
Liña 19 ⟶ 18:
'''Aleksandr Sergéyevich Pushkin''', coñecido como '''Alexander Pushkin''', nado en [[Moscova]] o [[26 de maio]] de [[1799]] e finado en [[San Petersburgo]], o [[29 de xaneiro]] de [[1837]], foi un poeta, dramaturgo e novelista [[Rusia|ruso]], fundador da [[literatura rusa]] moderna.
 
== Traxectoria ==
Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e [[sátira]], que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como [[Gógol]], [[Dostoievski]], [[Tolstoi]], Tiútchev, así como os compositores rusos [[Tchaikovski]] e [[Musorgski]].
 
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Fillo de Serguéi Pushkin, descendente dunha das máis antigas familias da [[Aristocracia|aristocracia]][[Rusia|rusa]], cuxa historia se remonta ao [[Século XII|século XII]]. Por parte materna descendía dun príncipe [[Etiopía|etíope]] trasladado a Rusia por esclavistas [[Imperio Otomán|otomanos]] e onde chegou a ser xefe militar, enxeñeiro e noble, apadriñado por [[Pedro I de Rusia]].
 
A súa avoa materna inculcoulle dende pequeno o seu amor polos contos e a [[Poesía|poesía]] popular rusa, en contraste co feito de que, como era habitual na aristocracia rusa, o idioma de uso diario na súa familia era o [[Idioma francés|francés]]. En consonancia recibiu tamén dende moi xoven unha amplia educación [[Literatura|literaria]] baseada na literatura e lingua francesa.
 
[[Ficheiro:Pushkin derzhavin.jpg|miniatura|250px|Pushkin no Liceo Imperial de [[Tsárskoye Seló]].]]
Xa no ano [[1814]] conseguiu publicar un texto na revista ''Le Messager de l’Europe'', a epístola ''K drugu stijotvortzu'' (''Ao amigo poeta''). Esta gran paixón pola literatura fixo que deixara un pouco de lado os estudos, centrandose na lectura compulsiva da [[Biblioteca|biblioteca]] de seu pai, de máis de 3000 exemplares.
 
Ao mesmo tempo a casa paterna era escenario de tertulias literarias, ás que acudian autores coma [[Karamzín]], [[Konstantin Batiushkov|Bátiushkov]] ou [[Dmítriev]], ao igual que o seu tío, o poeta [[Vasili Lvóvich Pushkin]]. Que sería un dos grandes apoios de Alexander ao longo da súa carreira literaria.
 
Realizou os seus estudos entre [[1811]] e [[1817]] no ''Liceo Imperial'' de [[Tsárskoye Seló]], preto de [[San Petersburgo]], que co tempo pasaría a chamarse ''Liceo Pushkim'' na súa honra. Nesta época comezou a escribir o seu primeiro poema longo ''Ruslan e Ludmila'', publicado en [[1820]] e co que rompeu ca liña poética oficial e botando por terra os cánones poéticos do Neoclasicismo.
 
=== Persecución política ===
Tras rematar a súa formación académica instalouse na capital, San Petersburgo. En [[1820]] entrou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores, onde pouco a pouco se foi involucrando nos movementos de reforma social, escribindo algúns poemas sediciosos coma a ''Oda á liberdade''. O que estivo a piques de valerlle o desterro a [[Siberia]], porén acabou desterrado en ''Yekaterinoslav'' (actual [[Dnipropetrovsk]]) ao servizo do xeneral Ínzov.
 
[[Ficheiro:Pushkin farewell to the sea.jpg|miniatura|250px|''O adeus de Pushkin ao Mar'' de [[Iván Aivazovski]] e [[Iliá Repin]] ([[1877]]).]]
Na cidade [[Ucraína|ucraína]] enfermou de febres, polo que foi acollida pola familia do xeneral [[Nikolái Rayevski]], ca que viaxou entre [[1820]] e [[1821]] polo [[Cáucaso]] e [[Crimea]], froito do que compuxo obras coma ''Kavkazskiy plennik'' (''O prisioneiro do Cáucaso''). Entre [[1820]] e [[1823]] estableceuse en [[Chişinău]], capital de [[Besarabia]], onde comezou a súa obra máis recordada, ''Yevgeny Onegin'' (''Uxío Oneguin''). Nesta cidade tamén ingresou na loxia [[Masonería|masónica]] ''Ovidio''.
 
En [[1823]] foi enviado tras sucesivos escándalos relacionados co xogo, os amoríos ou ca etnia xitana, foi enviado a [[Odesa]] ao servizo do xeneral [[Mijaíl Vorontsov]]. No novo destino non lle foi mellor pois ademais de problemas recurrentes comezou a galantear á filla do xeneral, porén a gota que colmou o vaso foi un epigrama sobre o carácter do xeneral Vorontsov, esto costoulle o arreto domiciliario na finca materna, Mijáilovskoye, no [[Oblast de Pskov]] de [[1824]] a [[1826]].
 
No seu novo destino de desterro seguiu escribindo a súa obra mestra, ademáis do drama histórico ''Boris Godunov'' ([[1825]]) ou os poemas ''Graf Nulin'' (''O conde Nulin'', [[1825]]) e ''Tsygany'' (''Os xitanos'', [[1827]]).
 
En [[1825]], estando Pushkin en pleno arresto domiciliario, estourou en San Petersburgo a [[Rebelión dos decembristas]] coincidindo ca morte do [[Tsar]] [[Alexandre I de Rusia]] e a entronación de [[Nicolao I de Rusia]] e instigada pola ''Sociedade do Norte'', sociedade ilegal constituída por membros de orixe aristocrática na mesma ciadade en [[1821]]. Esta revolta foi duramente reprimida, vendose moitos dos amigos e compañeiros de Alexander, involucrados no levantamento, condenados a traballos forzados e á deportación a [[Siberia]], estos serían coñecidos coma ''Poetas decembristas'' ou ''Pléiade decembrista'', serían nomes coma, [[Kondrati Ryléyev]], [[Wilhelm Küchelbecker]], [[Aleksandr Odóyevski]], [[Vladímir Rayevski]] ou [[Aleksandr Bestúzhev]].
 
=== Madurez ===
En [[1826]] remata o seu arresto domiciliario, pero a pesar de que non participara directamente no levantamente do ano anterior moitos dos sublevados tiñan entre as súas pertenzas os primeiros poemas políticos do escritor, polo que se veu fortemente controlado pola censura, impedindoselle viaxar e publicar libremente.
 
Porén xa contaba cun gran recoñecemento e gozaba de boa situación financieira. Desta época datan traballos coma ''Poltava'', adicado ao ensalzamento de [[Pedro I de Rusia]] e a súa vitoria na [[Batalla de Poltava]].
 
En [[1830]] en Moscova, coñeceu a [[Natalia Goncharova]], ca que casou en [[1831]]. Ese mesmo ano ingresa outra vez no Ministerio de Asuntos Exteriores.
 
En [[1831]] coñece a [[Nikolai Gógol]], con quen entablará unha moi boa amizade cunha ampla colaboración e influencia literaria mutua. En [[1833]] é elexido membro da Academia Rusa.
 
Para aliviar a dificil situación económica froito da vida disoluta do matrimonio, comezou a publicación da revista literaria ''O Contemporáneo'' en [[1836]], que chegaría a ter moita repercusión nas letras rusas.
 
Pese a súa corta idade, 37 anos, Pushkin morre o [[29 de xaneiro]] de [[1837]] a causa das feridas froito dun duelo a morte co militar [[Francia|francés]] Georges d'Anthès nas aforas de San Petersburgo.
 
== Obra ==
=== Poesía ===
* [[1820]]: ''Ruslan i Lyudmila'' (''Руслан и Людмила''). Traducción ao galego: ''Ruslan e Ludmila''.
* [[1820]]-[[1821]]: ''Kavkazskiy plennik'' (''Кавказский пленник''). Traducción ao galego: ''O prisioneiro do Cáucaso''.
* [[1821]]: ''Gavriiliada'' (''Гавриилиада''). Traducción ao galego: ''A saga de Gabriel''.
* [[1921]]-[[1822]]: ''Bratya razboyniki'' (''Братья разбойники''). Traducción ao galego: ''Os irmáns ladróns''.
* [[1923]]: ''Bakhchisaraysky fontan'' (''Бахчисарайский фонтан''). Traducción ao galego: ''A fonte de Bajchi Sarái''.
* [[1824]]: ''Tsygany'' (''Цыганы''). Traducción ao galego: ''Os xitanos''.
* [[1825]]: ''Graf Nulin'' (''Граф Нулин''). Traducción ao galego: ''O conde Nulin''.
* [[1829]]: ''Poltava'' (''Полтава''). Traducción ao galego: ''Poltava''
* [[1830]]: ''Domik v Kolomne'' (''Домик в Коломне''). ''A casiña en Kolomna''.
* [[1833]]: ''Andjelo'' (''Анджело'').
* [[1833]]: ''Medny vsadnik'' (''Медный всадник'').
Liña 74 ⟶ 110:
* [[1834]]: ''Сказка о золотом петушке''.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/rus/puchkin/ap.htm Obras de Pushkin en ciudadseva.com] {{es}}
 
{{ORDENAR:Pushkin, Alexander}}