División celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32:
[[Ficheiro:S_cerevisiae_under_DIC_microscopy.jpg|miniatura|dereita|Xemación no lévedo ''Saccharomyces''.
]]
*'''Xemación'''. Na [[xemación]] a célula filla orixínase a partir dun pequeno avultamento ou xema na superficie da célula nai á que se dirixe o núcleo, que se divide e se separa da célula nai por unha membrana que rodea o núcleo e o citoplasma da xema, á vez que a célula filla crece. É típico de lévedos como ''[[Saccharomyces cerevisiae]]'', nos cales as células fillas quedan pegadas á célula nai durante un tempo, e poden formar cadeas se o proceso se repite ([[micelio]]s de xemación). Cando a célula se desprende deixa unha marca ou cicatriz de xemación na célula nai, na cal se poden observar decenas de marcas.
:Tamén se denomina xemación á reprodución asexual de certos animais, como o [[cnidario]]s, [[Poríferos|esponxas]] e [[briozoo]]s, nos que unha xema que aparece no corpo do individuo inicial, crece formando un individuo novo; pero isto é un modo de reprodución asexual do animal máis que un tipo de división celular.
*'''Esporulación'''. A [[esporulación]] dáse nalgúns [[protozoo]]s, nos que en determinados momentos do seu ciclo vital a célula nai se rodea dunha cuberta resistente que a illa do exterior. Despois o núcleo divídese varias veces e orixina no interior da célula nai varias células fillas. Cando rompe a cuberta da célula nai saen as células fillas ou esporas, que, en condicións favorables, desenquístanse e orixinan células vexetativas normais.