Tebas, Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q101583
Sen resumo de edición
Liña 12:
== Historia ==
 
'''Waset''' era pouco máis que unha vila de provincias durante o Imperio Antigo. Fican duasdúas [[mastaba]]s construídas con tixolos durante as III ou IV dinastías e un pequeno grupo de tumbas das V e VI dinastías; daquela as residencias reais e as tumbas, tanto reais como nobiliaresnobiliarias, construíanse en [[Saqqara]], preto de [[Menfis]]. Os edificios máis antigos que existen hoxe en día fan parte do complexo de templos de [[Karnak]] e datan do Imperio Medio, aínda que se atopou unha estatua de Niuserre, [[faraón]] da V dinastía, polo que se supón a existencia de polo menos un templo do Imperio Antigo.
 
O poder político de Tebas aumentou durante o Primeiro Período Intermedio e algún dos seus reis pretendeu selo do Alto e do Baixo Exipto, pero o seu poder nunca se estendeu alén da rexión tebana. Finalmente, Mentuhotep, que gobernou durante 51 anos, si foi quen de reunificar todo o Exipto e inaugurar a XI dinastía e con ela o Imperio Medio.