Castelo de Lobeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Lansbricae (conversa | contribucións)
m →‎Idade Media: correxir enlace
Liña 9:
Co tempo convertiuse nunha fortaleza de grande importancia na [[Idade Media]], onde se forxaron capítulos reseñables da historia do [[Reino de Galiza]].
 
Nos séculos [[Século XI|XI]] e [[Século|XII]], esta fortaleza adquire unha nova relevancia, da cal son protagonistas '''[[Dona Urraca]]''', o seu fillo '''Afonso VII''' a mais do '''[[Diego Xelmírez|Arcebispo Xelmírez]]'''.
 
Tras o finamento de '''Don Raimundo''', home de Dona Urraca, esta volve casar, perdendo así a posibilidade de herdar ó trono de [[Reino de Castela|Castela]] posto que o seu pai o establecera así nunha cláusula no seu testamento. Comeza entón o enfrontamento entre os que queren coroar ó seu fillo Afonso (entre eles o Arcebispo Xelmírez) e os que apoian ó novo home de Dona Urraca, '''Afonso I de Aragón''', que quere controla-las terras da [[Galiza]]. Un dos aliados do aragonés é '''Arias Pérez''', que por aquel entón rexentaba a fortaleza de Lobeira, e quen con enganos consegue apresar a Xelmírez no castelo. A pesares diso, Afonso I de Aragón non consegue dominar a Galiza e Arias Núñez é tamén vencido. Entende entón Dona Urraca que o seu inimigo para chegar ó trono é Xelmírez e empregará sen éxito todos os seus esforzos para vencelo. En [[1116]] comeza unha guerra na que Lobeira volve ser clave e en [[1117]] a Raíña decide reconciliarse co seu fillo e claudicar.
Liña 15:
Podemos sinalar tamén que da época de Don Raimundo e Dona Urraca son os tres petroglifos que se atopan nas inmediacións do miradoiro, e que representan xogos flamencos cos que os soldados holandeses que custodiaban a torre (que trouxera Don Raimundo do seu país) se entretiñan.
 
Ó longo da súa historia posterior, Lobeira sería cobizada por calquera das partes nos diversos conflitos vencellados co poder de Compostela, como enclave para a defensa e abastecemento da capital compostelá, que xunto cas [[Torres do Oeste]] eran coñecidos coma as portas a Compostela. A fortaleza será finalmente derrocada durante as segundas [[Revoltas Irmandiñas]] ([[1466]]-[[1469]] Gran Guerra Irmandiña, formándose a Real Xunta Irmandiña do Reino da Galiza, percursora da [[Xunta de Galicia]]) -patroneadas nesta zona por ''' Suero Gómez e Pedro Álvarez de Sotomaior'''- como revelación contra os abusos dos señores feudais e do arcebispo de Santiago, a quen pertencía por aquel entón este castelo.
 
==Final da fortaleza==