Castelo de Sandiás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lansbricae (conversa | contribucións)
Liña 5:
A fundación deste castelo aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con [[Bernardo do Carpio]] ([[século IX]]). Foi construído sobre un antigo [[castro (poboado)|castro]], quizais na primeira metade do [[século XII]]. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do [[condado da Limia]], entre o monarca [[Afonso VII]] de Castela e León e [[Afonso Henriques]] de [[Portugal]]. No ano [[1386]] foi asaltado polo [[duque de Lancaster]]. Máis tarde no ano [[1467]] arrasárono os [[Irmandiños]] e logo da revolta reconstruíse de novo. Na guerra hispano-lusitana do [[século XVIII]], foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da [[torre da homenaxe]], na que se poden admirar os muros de case 4 metros de grosor. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada [[lagoa de Antela]] e da Limia Alta.
 
[[Category:Patrimonio histórico e artístico de Galicia]]
[[category:Historia de Galicia]]
[[category:Arquitectura]]