Diferenzas entre revisións de «Esfínter»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Anorectum gl.gif|miniatura|dereita|Esfínteres externo e interno do ano.]]
Un '''esfínter''' (do latín tardío ''sphincter'', e este do grego σφιγκτήρ, sphinktēr, "banda, músculo contráctil"), é unha estrutura anatómica constituída por un [[músculo]] circular ou con forma de anel que normalmente mantén a constrición dun orificio ou pasaxe natural do corpo, que se relaxa cando é necesario para o funcionamento fisiolóxico normal. Os esfínteres atópanse en moitos animais vertebrados e invertebrados, e no corpo humano existen moitos, aínda que algúns son pequenos e microscópicos, especialmente os millóns de [[esfínter precapilar|esfínteres precapilares]] existentes nos [[capilar]]es sanguíneos.<ref name="vander-6th">{{cite book|last=Vander|first=Arthur|title=Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition)|year=1994|publisher=McGraw Hill, Inc|isbn=0-07-113761-0|pages=437–440|coauthors=Sherman, James; & Luciano, Dorothy}}</ref> Os esfínteres reláxanse ao morrer. O mal funcionamento dos esfínteres orixina diversos problemas como a [[incontinencia]] urinaria ou fecal ou o [[refluxo gastroesofáxico]].
 
194.390

edicións