Diferenzas entre revisións de «Control de procesos»

m
Ligazóns
m (*avantaxe)
m (Ligazóns)
O '''control de procesos''' é unha disciplina baseada na [[enxeñaría]] e as [[matemáticas]] que procura manter o estado dun proceso nun rango específico. O estado de referencia é o valor ou o rango de valores desexado dunha ou varias variables[[variable]]s que forman parte do proceso. Cando o proceso se desvía do estado de referencia, os controladores manipulan as entradas do proceso para corrixir a desviación.
 
=== Un exemplo ===
Quentar unha sala cun radiador é un proceso que ten o obxectivo de achegarse e manter unha [[temperatura]] definida. A temperatura sería a '''variable controlada'''. A temperatura desexada, por exemplo 20ºC, sería a referencia ou máis comunmente o ''setpoint''. O estado do radiador, por exemplo o grao de apertura da válvula que permite aá auga quente fluír a través do radiador, é a '''variable manipulada''' xa que é a que recibe as accións de control.
 
A maneira máis sinxela de levar a cabo o control da temperatura sería simplemente axustar a válvula a un grao de apertura, e polo tanto deixar pasar un caudal de auga quente fixo. Este tipo de control pode abondar se a temperatura do exterior non varía moito. Non obstante, se un día vai moito máis frío ou moito máis calor no exterior a temperatura da sala pode resultar demasiado baixa ou elevada. Este tipo de controlador chámase de '''lazo aberto''' (ou ''open-loop'') xa que a medida da variable a controlar (a temperatura da sala) non inflúe na variable controlada (a válvula que determina o caudal de auga). Malia súa simplicidade, úsase raramente xa que non permite compensar os cambios que poden actuar na sala, como unha variación da temperatura do exterior.
2.721

edicións