Santalla de Vilausende, Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traballando na clasificación.
Xelo2004 (conversa | contribucións)
m xa queda menos
Liña 1:
(Parroquia de Santalla ou Santa Eulalia, [[Ribadeo]], [[Lugo]]) Documentada como <i>Villadosindi</i>.
 
'''Santa Baia de Vilausende'''
Provén do nome do posesor xermánico xa [[latín|latinizado]] <i>Adosindus</i>, que na documentación medieval aparece na súa forma xenitiva <i>Adosindi</i>. Na súa evolución perdeu o -<i>d</i>- intervocalico, co que o cambio fonético da -<i>i</i>- en -<i>e</i>- daranos a forma <i>Aosende</i>, que unida ó seu precompoñente <i>Villa</i>- obteremos <i>Villaosende</i>. O diptongo -<i>ao</i>- convírtese ás veces en -<i>u</i>- dándonos a forma <i>Vilausende</i>, que, de feito, así recolle o nomenclator da [[Xunta de Galicia]] e que a xente do pobo usa na súa pronunciación: <i>Vilaosende</i> ou <i>Vilausende</i>, coa reducción da -<i>ll</i>- geminada en -<i>l</i>-.
 
Cinco parroquias son as encargadas a arroupar a ésta; no norte as de o Ove, A Devesa e Covelas, no oeste a de Cedofeita, polo sur as de Couxela e A Valboa (Trabada) e polo leste a ría do Eo. Freigresía pertencente o arciprestazgo de Ribadeo, cuios 223 habitantes agrupados en 8 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade media de 21'3 hab/km2 (censo do 2003). A parroquia é regada por dos regatos, cara o norte o regato da Fraga e cara o sur o regato da Veiga.
Dun artigo de J.Mª Rodríguez
*As entidades de poboacion son as seguintes: Lourido (15), Porto de Abaixo (34), Porto de Arriba (36), O Río da Veiga (19), San Tomé (7), Santalla (47), A Torre (12) e Vilausende (53).
*Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Carbón, Os Castros e A Curuxeira.
 
'''Situacion xeografica da capital parroquial''':
 
'''Latitude''': 43º 29'
 
'''Lonxitude''': 7º 04'
 
'''Superficie''': 10,46 Km²
 
'''Altitude media''': 100 m.
 
*Festas e Lecer:
Celebranse as Festas Patronais o 10 de Decembro, na honra a Santa Eulalia.
A Festa das Frores celebrase a derradeira semana de Maio ou ven a primeira de Xuño.
Polo 10 de Xuñoo tamén se celebra as Festas do Corazón de Xesús. Tratase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que noutrora considerabase que bailar ese día era pecado e na actualidade se esta a conservar tal tradición. No lugar de Os Castros quedan restos dunha fortaleza prehistórica con cerámica abundante e varios muiños de man.
*Historia:
ProvénNa historia, a parroquia de Vilausende segue e mesmo sentido que o concello, en canto o nome da parroquia dise que provén do nome do posesor xermánico xa [[latín|latinizado]] <i>Adosindus</i>, que na documentación medieval aparece na súa forma xenitiva <i>Adosindi</i>. Na súa evolución perdeu o -<i>d</i>- intervocalico, co que o cambio fonético da -<i>i</i>- en -<i>e</i>- daranos a forma <i>Aosende</i>, que unida ó seu precompoñente <i>Villa</i>- obteremos <i>Villaosende</i>. O diptongo -<i>ao</i>- convírtese ás veces en -<i>u</i>- dándonos a forma <i>Vilausende</i>, que, de feito, así recolle o nomenclator da [[Xunta de Galicia]] e que a xente do pobo usa na súa pronunciación: <i>Vilaosende</i> ou <i>Vilausende</i>, coa reducción da -<i>ll</i>- geminada en -<i>l</i>-.
*Monumentos:
A parroquia en si, presente o seu templo, que agocha no seu interior imaxes de estilo barroco do seculo XVIII. Por outra banda temos os restos do Pazo de Quinta Longa, no lugar de Os Castros, é un conxunto en mal estado de conservación, composto por: patio, corredor, cociña e capela. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada, cos emblemas dos Montenegro e dos Luaces.