Diferenzas entre revisións de «Sistema nervioso somático»

A ruta básica do sinal nervioso no sistema nervioso somático eferente implica unha secuencia que empeza nos [[soma|corpos celulares]] das [[motoneurona]]s superiores do xiro cerebral precentral (que se aproxima ao [[córtex motor primario]]). Os estímulos do xiro precentral transmítense desde as motoneuronas superiores e baixan polos [[axón]]s do [[tracto corticospiñal]] para controlar os músculos (voluntarios) esqueléticos. Estes estímulos son transmitidos desde as motoneuronas superiores a través do [[corno anterior da espiña dorsal]], e fan [[sinapse]] cos [[receptor sensorial|receptores sensoriais]] das [[motoneurona alfa|motoneuronas alfa]] (as grandes [[motoneurona inferior|motoneuronas inferiores]]) do tronco cerebral e a medula espiñal.
 
As motoneuronas superiores liberan o [[neurotransmisor]] [[acetilcolina]] no botón terminal dos seus axóns, que é recibido polo [[receptor de acetilcolina nicotínico|receptores nicotínicos]] das motoneuronas alfa. Á súa vez, as motoneuronas alfa transmiten o estímulo, liberando acetilcolina no seu terminal axónico, que é recibido polos receptores postsinápticos (receptores de acetilcolina nicotínicos) da placa motora dos músculos, o que causa a contracción muscular.
 
Desde alí, libérase acetilcolina no terminal axónico das motoneuronas alfa, que é recibido polos receptores postsinápticos (receptores de acetilcolina nicotínicos) dos músculos, o que causa a contracción muscular.
 
==Diferenzas en vertebrados e invertebrados==
191.681

edicións