Sistema nervioso somático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
==Transmisión de sinais nerviosos==
O sistema nervioso somático controla todos os sistemas musculares voluntarios do corpo, coa excepción dos músculos dos [[arco reflexo|arcos reflexos]].
 
A ruta básica do sinal nervioso no sistema nervioso somático eferente implica unha secuencia que empeza nos [[soma|corpos celulares]] das [[motoneurona]]s superiores do xiro cerebral precentral (que se aproxima ao [[córtex motor primario]]). Os estímulos do xiro precentral transmítense desde as motoneuronas superiores e baixan polos [[axón]]s do [[tracto corticospiñal]] para controlar os músculos (voluntarios) esqueléticos. Estes estímulos son transmitidos desde as motoneuronas superiores a través do [[corno anterior da espiña dorsal]], e fan [[sinapse]] cos [[receptor sensorial|receptores sensoriais]] das [[motoneurona alfa|motoneuronas alfa]] (as grandes [[motoneurona inferior|motoneuronas inferiores]]) do tronco cerebral e a medula espiñal.