Primeiro Concilio de Nicea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
Asistiron delegados de todas as rexións do Imperio, agás da [[Britania]]. Os bispos participantes tiveron permiso para viaxar libremente dende as súas sés ao concilio. Os bispos non viaxaron sós; cada un tiña permiso para levar con el dous [[sacerdote]]s e tres [[diácono]]s, polo que o número total de asistentes podería ter sido de máis de 1800.
 
A maioría dos asistentes foron [[cristianismo oriental|bispos orientais]]. Deles, o primeiro rango estaba formado por tres patriarcas (o [[papa]] non acudiu): [[Alexandre de Alexandría]], [[Eustacio de Antioquía]] e [[Macario de Xerusalén]]. Moitos dos pais conciliares reunidos (por exemplo, [[Pafnucio de Tebas]], Potamon de Heraclea e [[Paulo de Neocesarea]]) destacaran como [[confesor]]es da [[fe (relixión)|fe]] e acudiron ao concilio coas marcas da persecución. Esta posición é a que mantén o académico patrístico [[Timothy Barnes]] no seu libro ''Constantine and Eusebius''.<ref>{{cita libro|apelidos=Barnes|nome=Timothy|título=Constantine and Eusebius|ano=1981|esditor=Harvard University Press|lugar=Cambridge|isbn=0674165306|páxinas=214–215|authorlink=Timothy Barnes}}</ref> Historicamente se ten considerado a influencia destes confesores como substancial, mais hai estudos recentes que poñen en dúbida este aspecto.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Kelhoffer|nome=James|título=The Search for Confessors at the Council of Nicaea|publicación=Journal of Early Christian Studies|data=Inverno de 2011 |volume=19 |número=4|páxinas=589–599|editor=The Johns Hopkins University Press}}</ref>
 
== Notas e referencias ==