Diferenzas entre revisións de «Teide»

sen resumo de edición
{{Coordenadas|28|16|15|N|16|38|21|W|display=title}}
[[Ficheiro:RoqueCinchado.jpg|dereita|miniatura|265px|Roque Cinchado co Teide no fondo]]O '''Teide''' é un [[volcán]] situado na illa de [[Tenerife]] ([[Illas Canarias]]). Cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico, é o cume máis alto de [[España]], así como de calquera das illas atlánticas, sendo o terceiro volcán da [[Terra]] en altura, medindo dende a súa base, despois do [[Mauna Loa]] e o [[Mauna Kea]], ambos na illa de [[Hawaii]]. O Teide é un ''estrato-volcán'' do tipo ''estromboliano''.
 
Para os [[guanches]] este volcán recibía o nome de '''Echeyde''' (que tras unha castelanización do nome derivou no nome actual), que significaba ''inferno''. Segundo as súas crenzas, nel vivía '''Guayota''',o demo do mal.
No mesmo Teide está situado o Refuxio de Montaña de Altavista e un teleférico que ascende desde a súa aba a uns 2.350 m até A Rambleta, a uns 3.555 m, en moi poucos minutos. O ascenso até o cume está prohibido, mais pódese obter un permiso especial nas oficinas do Parque Nacional en Santa Cruz de Tenerife.
Os [[Roma antiga|romanos]]O denominaban a illa co nome de '''Nivaria''', pola neve do volcán. O nome actual da illa tamén garda relación co volcán, xa que llo puxeron os benehaoritas (os guanches da Palma). O nome formouse a partir de "Tene-" (montaña) e "-ife" (branca), engadíndose un -r para unir ambas as palabras, quedando Tenerife.
 
No caderno de bitácora de [[Cristovo Colón]] aparece unha referencia ao Teide en erupción. En [[2004]], unha serie de pequenos tremores no norte da illa provocou un grande interese de [[xeoloxía|xeólogos]] e vulcanólogos.
Usuario anónimo