Oriana Méndez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:Oriana Méndez 2011.jpg|miniatura|250px|Oriana Méndez]]
'''Oriana Méndez Fuentes''', nada en [[Vigo]] o [[28 de outubro]] de [[1984]], é unha poeta galega e licenciada en [[Filoloxía]] Galega pola [[USC]]. É filla do escritor [[Xosé Luís Méndez Ferrín]].
 
==Traxectoria==
OFilla do escritor [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], o labor poético de Oriana Méndez comeza no ano [[2000]] na revista cultural ''[[A Caramuxa]]'', de [[Noia]]. A esa intervención seguiranlle colaboracións en publicacións colectivas de grupos coma ''[[Burla Negra]]'', e na revista ''[[Mealibra]]'', así como en numerosos recitais poéticos e proxectos de acción poética, coma "A revolta das letras" que tivo lugar en [[Santiago de Compostela]] co motivo do [[Día das Letras Galegas]] do ano [[2009]].
 
Participou, ademais, en diversas mesas redondas e encontros sobre poesía, coma no III Encontro de novos escritores, ou na mesa de poesía do ciclo Escritores na Universidade, organizados ambos pola [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]] ([[AELG]]).