The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
ampío de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 52:
[[Imaxe:Rolling Stones band 1965.jpg|miniatura|250px|A banda en 1965]]
O segundo LP británico da banda, ''[[The Rolling Stones No. 2]]'', pubicado en xaneiro de [[1965]], chegaría ao número 1, e a súa versión estadounidense, pubicada en febreiro como ''[[The Rolling Stones, Now!]]'', acadaría o número 5. O disco foi gravado nos Chess Studios de [[Chicago]] e nos RCA Studios de [[Los Angeles]].<ref>Wyman 2002, pp. 164–165; 171.</ref> Entre xaneiro e febreiro o grupo realizou 34 concertos ante unhas 100.000 persoas en [[Australia]] e [[Nova Zelandia]].<ref>Wyman 2002, p. 166.</ref>
 
A primeira composición de Jagger/Richards en chegar ao número 1 da lista de sinxelos británica sería "[[The Last Time]]" (publicada en febreiro de 1965); esta acadaría o número 9 nos Estados Unidos. Posteriormente Richards identificouna como "a ponte no pensamento sobre a forma de compoñer para os Stones. Proporcionounos un nivel de confianza; un camiño de como facelo".<ref>Jagger et al. 2003, p. 95.</ref>
 
Ó longo da década de [[1960]] lograron varios éxitos como ''Satisfaction'' (considerada unha das cancións emblemáticas do rock de todos os tempos), ''Under my Thumb'', ''Honky Tonk Women'', ''Sympathy for the Devil''. Malia ser un grupo cuxa música oscilaba entre o Rock and Roll, o Blues e o Country, no [[1967]], do mesmo xeito ca moitas outras bandas, editaron un álbum de Rock Psicodélico chamado ''Their Satanic Majesties Request'', que non obtivo grande éxito.