The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
A primeira xira [[estadounidense]] de The Rolling Stones, celebrada en xuño de [[1964]], foi, segundo palabras de Bill Wyman, "un desastre". "Cando chegamos, non tiveramos ningún éxito [alí] ou calquera cousa ao noso favor".<ref>Wyman 2002, p. 126.</ref> Cando a banda apareceu no programa de variedades de Dean Martin ''The Hollywood Palace'', Martin burlouse tanto do seu pelo como da súa actuación.<ref>[http://www.tv.com/shows/the-hollywood-palace/host-dean-martin-the-rolling-stones-144861/ tv.com - ''The Hollywood Palace''. Consultado o 2 de febreiro de 2014.]</ref> Durante a xira gravaron durante dous días nos Chess Studios de [[Chicago]], coñecendo a moitas das súas máis importantes influencias, incluído a [[Muddy Waters]].<ref>Wyman 2002, pp. 128–129.</ref><ref>Wyman 2002, p. 158.</ref> Nesas sesións gravouse o que sería o primeiro número 1 da banda no [[Reino Unido]], a súa versión do tema de [[Bobby and Shirley Womack]] "[[It's All Over Now]]".<ref>Wyman 2002, p. 137.</ref>
 
O seu concerto o [[8 de agosto]] de 1964 en [[Scheveningen]], [[Países Baixos]], descontrolouse. A policía antidisturbios rematou coa actuación uns 15 minutos despois de que esta comezase, e os espectadores comezaron a loitar contra os axentes.
 
Os Stones seguiron a [[James Brown]] & [[The Famous Flames]] na edición da filmación de ''[[The TAMI Show]]'', que amosaba a bandas estadounidenses xunto con artistas da [[British Invasion]]. O [[25 de outubro]] o grupo tamén apareceu en ''[[The Ed Sullivan Show]]''. Debido ao inicial caos que causou a banda, Sullivan botounos do seu programa,<ref>Wyman 2002, p. 154.</ref> aínda que tiñan reservadas aparicións para anos seguintes.<ref>[http://rockhall.com/inductees/the-rolling-stones/bio/ Biografía de The Rolling Stones no Rock&Roll Hall of Fame {{en}}.]</ref> O seu segundo LP, o só editado nos [[Estados Unidos]] ''[[12 X 5]]'', publicouse durante esa xira; ao igual que o primeiro, contén principalmente versións, acompañadas dalgunha canción de Jagger/Richards e Nanker Phelge.
 
Ó longo da década de [[1960]] lograron varios éxitos como ''Satisfaction'' (considerada unha das cancións emblemáticas do rock de todos os tempos), ''Under my Thumb'', ''Honky Tonk Women'', ''Sympathy for the Devil''. Malia ser un grupo cuxa música oscilaba entre o Rock and Roll, o Blues e o Country, no [[1967]], do mesmo xeito ca moitas outras bandas, editaron un álbum de Rock Psicodélico chamado ''Their Satanic Majesties Request'', que non obtivo grande éxito.