Benjamin Guggenheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
== RMS ''Titanic'' ==
Cando o mércores [[10 de abril]] de [[1912]] embarcou no ''[[RMS Titanic]]'' en [[CherburgCherbourg-Octeville|Cherbourg]] ([[Francia]]), acompañábao a súa amante a cantante francesa [[Léontine Aubart]], así como un gran número de criados, un chofer, unha doncela, un mozo e o seu mordomo e home de confianza Giglio, con quen posteriormente finaría.
 
Guggenheim e Giglio estaban durmindo cando o Titanic chocou contra o iceberg. Ningún deles deulle importancia e non se molestaron en levantarse da cama. O tripulante encargado do seu camarote tratou que o mordomo despertase ao seu señor non consintíndoo este, posto que "só era un iceberg entre moitísimos icebergs". Máis tarde, vindo a cariz que comezaban a tomar os acontecementos, Guggenheim foi levantado e persuadido para que se vestise con ropa de abrigo e subise á cuberta do barco. Cando despediu a súa amante e a súa criada díxolles que se verían pronto e que volverían a viaxar no "Titanic".