The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 37:
Unha versión do tema de [[Chuck Berry]] "Come On" foi o primeiro sinxelo de The Rolling Stones, publicado o [[7 de xuño]] de [[1963]]. A banda rexeitou tocar a canción ao vivo, e Decca mercou só un anuncio para promocionar o sinxelo. Baixo a dirección de Oldham, os membros do clube de seareiros mercaron copias nas tendas de discos sondeadas polas listas,<ref>Oldham 2000, p. 221.</ref> axudando a que "Come On" acadase o número 21 das listas británicas de sinxelos.<ref>[http://www2.gibson.com/News-Lifestyle/Features/en-us/day-in-music-1025.aspx gibson.com - This Day in Music Spotlight: Rolling Stones Riot on Ed Sullivan {{en}}. Consultado o 1 de febreiro de 2014.]</ref> Ter un sinxelo nas listas permitíulle á banda tocar fóra de [[Londres]], empezando por unha actuación no Outlook Club de [[Middlesbrough]] o [[13 de xullo]], onde tocarían con [[The Hollies]].<ref>[http://picturestocktonarchive.wordpress.com/2006/04/04/outlook-club-advertisement/ Cartel do concerto.]</ref> Posteriormente nese ano, Oldham e Easton organizaron a primeira gran xira do grupo no [[Reino Unido]] coo teloneiros de artistas estadounidenses como [[Bo Diddley]], [[Little Richard]] e [[The Everly Brothers]]. Ese outono converteuse no "campo de adestramento" para a posta en escena da banda.<ref>Wyman 2002, pp. 80–83.</ref>
 
Durante esa xira The Rolling Stones gravaron o segundo sinxelo, unha canción escrita por Lennon–McCartney titulado "[[I Wanna Be Your Man]]"; este acadou o número 12 nas listas británica. O seu terceiro sinxelo, o tema de [[Buddy Holly]] "[[Not Fade Away]]", baseado no estilo de [[Bo Diddley]], publicouse en febreiro de [[1964]] e chegou ao número 3.
O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles "I wanna be your man". Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.
 
Oldham dixo que había pouco futura para un grupo que perdía significativos royalties de composición tocando temas de "negros de mediana idade", limitando o seu atractivo a audiencias adolescentes. A instancias de Oldham, Jagger e Richards comezaron a compoñer temas, calificando este aos primeiros como "ñoños e imitativos".<ref>Oldham 2000, pp. 256–257.</ref> Debido a que as tarefas de composición avanzaban lentamente, as cancións do primeiro álbum de The Rolling Stones eran principalmente versuóns, con só o tema orixinal de Jagger/Richards "Tell Me (You're Coming Back)", e dúas pezas acreditadas a Nanker Phelge, o pseudónimo para as cancións acreditadas a todo o grupo.<ref>Jagger et al. 2003, p. 84.</ref>
 
Ó longo da década de [[1960]] lograron varios éxitos como ''Satisfaction'' (considerada unha das cancións emblemáticas do rock de todos os tempos), ''Under my Thumb'', ''Honky Tonk Women'', ''Sympathy for the Devil''. Malia ser un grupo cuxa música oscilaba entre o Rock and Roll, o Blues e o Country, no [[1967]], do mesmo xeito ca moitas outras bandas, editaron un álbum de Rock Psicodélico chamado ''Their Satanic Majesties Request'', que non obtivo grande éxito.