Descrición técnica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m +Lig. int.
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{FormatoWiki}}
 
A clasificación comunmente aceptada dos tipos de [[texto]] ([[narración|narrativo]], [[descrición|descritivo]], [[exposición (narrativa)|expositivo]] e [[argumentación|argumentativo]]) procede do sistema retórico clásico e permite considerar os principais tipos de textos, diferenciándoos no carácter predominantemente literario, estético da narración ou da descrición; fronte ás marcadas vertentes científica e humanística con que se relacionan tanto os textos expositivos coma os argumentativos. Mediante os primeiros, o autor pon en xogo tódalas posibilidades da lingua para crear novas dimensións significativas e activar unha serie de recursos guiados por unha finalidade estética. A exposición e a argumentación, porén, perseguen a transmisión dun contido no cal a ambigüidade e a imprecisión non teñen cabida: a linguaxe emprégase no seu valor [[denotación|denotativo]]. A súa misión é dar unha información obxectiva de calquera tema, ó que no caso da argumentación, hai que incluír a función persuasiva.
 
Con todo, e dun xeito xeral, podemos afirmar que é difícil achar unha modalidade illada sen que participe outra nun mesmo contexto: non se concibe a narración sen elementos descritivos, a argumentación, pola súa parte, combínase tamén coa exposición, aínda que esta poida aparecer, sen dúbida, illada e independentemente; e a descrición (a variedade descritiva denominada '''descrición técnica''') está presente nas modalidades expositiva e argumentativa, pois, desde nun folleto dun aparato eléctrico ata nun artigo científico, cobra especial importancia a descrición técnica, moi afastada da descrición que xorde con intención estética.
Liña 20:
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[cohesión]] textual.
*[[descriciónCohesión]].
*[[textoDescrición]].
*[[Texto]]
*[[lingüísticaLingüística textual]].
 
[[Categoría:Lingüística]]