Acetobacteráceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do [[pH]] 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.
 
As bacterias do ácido acético son móbiles con [[Flaxelo#Falxelo bacteriano|flaxelación]] [[peritrica]] ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas ''[[Pseudomonas]]'', das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo ''Gluconobacter''. O xénero ''Acetobacter'' comprende os organismos con flaxelación peritrica.<ref>Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed. edición). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1.</ref>
 
Na produción industrial de [[vinagre]] empréganse cultivos de bacterias do ácido acético. O acetato producido por estas e polos homoacetóxenos tamén se usa (en forma de sal de calcio) para fundir o xeo das estradas en inverno.