Diferenzas entre revisións de «Acetobacteráceas»

sen resumo de edición
(de es:Acetobacteria)
As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do [[néctar]] das plantas e das [[froita]]s estragadas, e tamén da [[sidra]] fresca e da [[cervexa]] sen [[pasteurización|pasteurizar]] nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre [[Drosophilidae]] ou as ''[[Turbatrix aceti]]'' considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae<ref>[http://www.springerlink.com/content/978-88-470-0865-6#section=103531&page=1 Vinegars of the World.] Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6</ref> na natureza.
 
Algúns xéneros como ''[[Acetobacter]]'', poden finalmente oxidar o ácido acético que producen a [[dióxido de carbono]] e auga usando encimas do [[ciclo de Krebs]]. Outros xéneros como ''[[Gluconobacter]]'', non oxidan o ácido acético.
 
Algunhas bacterias do ácido acético como ''[[Acetobacter xylinum]]'' poden sintetizar [[celulosa]],<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1275385/pdf/biochemj00918-0116.pdf?tool=pmcentrez Formation of cellulose by certain species of Acetobacter] Biochem J. 1951 May; 48(5): 618–621</ref> o cal normalmente é característico dos vexetais.
Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do [[pH]] 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.
 
As bacterias do ácido acético son móbiles con [[Flaxelo#Falxelo bacteriano|flaxelación]] [[peritrica]] ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas ''[[Pseudomonas]]'', das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo ''Gluconobacter''. O xénero ''Acetobacter'' comprende os organismos con flaxelación peritrica. Ademais, ''Acetobacter'' pode oxidar o ácido acético que produce ata dióxido de carbono, ao contrario que ''Gluconobacter''.
 
Na produción industrial de [[vinagre]] empréganse cultivos de bacterias do ácido acético. O acetato producido por estas e polos homoacetóxenos tamén se usa (en forma de sal de calcio) para fundir o xeo das estradas en inverno.
191.052

edicións