Acetobacteráceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
As '''acetobacteráceas''' ('''Acetobacteraceae'''), tamén chamadas '''bacterias do ácido acético''', son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacterias]] que se caracterizan porque obteñen a súa enerxía da oxidación do [[etanol]] a [[ácido acético]] durante as [[fermentación]]s. Son bacterias con forma de [[bacilo]] [[Gram negativa]]s [[organismo aerobio|aeróbicas]]. Non se deben confundir co xénero ''[[Acetobacterium]]'' da familia [[Eubacteriaceae]], o cal está formado por especies [[organismo anaeróbico|anaerobias]] que poden reducir o [[dióxido de carbono]] para producir ácido acético.<ref>[http://ijs.sgmjournals.org/cgi/content/abstract/27/4/355 Acetobacterium, a new genus of hydrogen-oxidizing, carbon dioxide-reducing, anaerobic bacteria] 1977, Int J Syst Bacteriol 27, 355-361.</ref>
 
As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do [[néctar]] das plantas e das froitas[[froita]]s estragadas, e tamén da [[sidra]] fresca e da [[cervexa]] sen [[pasteurización|pasteurizar]] nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre [[Drosophilidae]] ou as ''[[Turbatrix aceti]]'' considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae<ref>[http://www.springerlink.com/content/978-88-470-0865-6#section=103531&page=1 Vinegars of the World.] Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6</ref> na natureza.
 
Algúns xéneros como ''[[Acetobacter]]'', poden finalmente oxidar o ácido acético a [[dióxido de carbono]] e auga usando encimas do [[ciclo de Krebs]]. Outros xéneros como ''[[Gluconobacter]]'', non oxidan o ácido acético.