The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
Oldham comparou a independencia dos Rolling Stones coa obriga dos Beatles de gravar nos estudios da [[EMI]], dicindo que iso facíaos parecer "meros mortais... suando no estudi para o home".<ref>Oldham 2000, p. 205.</ref> Oldham promocionou a The Rolling Stones como os opostos desagradables dos Beatles por ter posado os seus membros sen sorrir para o primeiro álbum. Tamén alentou á prensa a que usase titulares provocativos como "Deixarías que a túa filla casase cun Rolling Stone?"<ref>Marshall 2012, p. 22.</ref> Aínda que inicialmente Oldham vestíu á banda traxes uniformes, os membros comezarían a usar roupa de diario para as súas presentacións públicas.<ref>Wyman 1990, p. 136.</ref>
 
Unha versión do tema de [[Chuck Berry]] "Come On" foi o primeiro sinxelo de The Rolling Stones, publicado o [[7 de xuño]] de [[1963]]. A banda rexeitou tocar a canción ao vivo, e Decca mercou só un anuncio para promocionar o sinxelo. Baixo a dirección de Oldham, os membros do clube de seareiros mercaron copias nas tendas de discos sondeadas polas listas,<ref>Oldham 2000, p. 221.</ref> axudando a que "Come On" acadase o número 21 das listas británicas de sinxelos.<ref>[http://www2.gibson.com/News-Lifestyle/Features/en-us/day-in-music-1025.aspx gibson.com - This Day in Music Spotlight: Rolling Stones Riot on Ed Sullivan {{en}}. Consultado o 1 de febreiro de 2014.]</ref>
 
O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles "I wanna be your man". Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.