The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
ampío de en.wiki
Liña 29:
Jagger, Richards, Jones, Stewart e Taylor realizaron o seu primeiro concerto co nome de "The Rollin' Stones" o [[12 de xullo]] de [[1962]] no Marquee Club<ref>Wyman 2002, pp. 36–37.</ref>. Entre o material que tocaron había cancións de blues de Chicago ademais de temas de [[Chuck Berry]] e [[Bo Diddley]]<ref>Bockris 1992, pp. 42–43.</ref>. O baixista [[Bill Wyman]] uniríase en decembro dese ano e o batería [[Charlie Watts]] en xaneiro de [[1963]] para formar a sección rítmica da banda por moitos anos<ref>Nelson 2010, pp. 14–15.</ref><ref>Wyman 2002, pp. 40–41; 44–45.</ref>. O entón mánager do grupo, [[Giorgio Gomelsky]], aseguroulles unha residencia os domingos pola tarde no Crawdaddy Club, que, segundo Gomelsky, provocou un "renacemento internacional do blues" e foi un aspecto fundamental para a aparición do fenómeno [[Swinging London]]<ref>Jagger et al. 2003, pp. 50–51.</ref>.
 
The Rolling Stones asinaron co mánager [[Andrew Loog Oldham]], un publicista que chegara á banda polos seus anteriores clientes, [[The Beatles]]<ref>Nelson 2010, p. 20.</ref>. Debido a que Oldham aínda non era maior de idade (tiña 19 anos e era máis novo que calquera membro do grupo), el non podía conseguir a licenza de axente, ou asinar calquera contrato sen a sinatura da súa nai. Por necesidade uníuse ao axente [[Eric Easton]]. Gomelsky non tiña ningún acordo por escrito coa banda e non foi consultado<ref>Wyman 1990, pp. 135–136.</ref>. Oldham fixo varios cambios no grupo. Mudou a ortografía do nome de "The Rollin' Stones" a "The Rolling Stones". Quitou o "s" do apelido de Richards, quedando Keith Richard, dicindo que "parecía máis pop"<ref>Bockris 1992, p. 63.</ref><ref>Oldham 2000, p. 222.</ref>. Oldham tamén botou a Stewart da formación. Wyman dixo que Stewart non encaixaba co molde de Oldham de "rapaces guapos, delgados e de pelo longo". Stewart sería road manager, tocando o piano en moitos temas no estudio e en concerto, ata a súa morte en [[1985]].<ref>Oldham 2000, pp. 222–225.</ref><ref>Jagger et al. 2003, p. 62.</ref>.
 
[[Decca Records]], que rexeitara asinar cos [[Beatles]], ofreceule a The Rolling Stones un contrato con termos moi favorabes.<ref>Nelson 2010, p. 22.</ref> A banda gañaba tres veces máis en ''royalties'' que calquera banda nova, tiñan control artístico total sobre as súas gravacións, e eran donos dos masters dos discos.<ref>Oldham 2000, pp. 205, 212.</ref><ref>Jagger et al. 2003, p. 68.</ref> O acordo tamén permitía que o grupo usase estudios que non pertencesen a Decca. Regent Sound Studios, unhas instalacións decoradas con caixas de ovos no teito para mellorar o son, converteuse no seu estudio favorito.<ref>Oldham 2000, pp. 209–210, 212.</ref><ref>Coral, Hinckley & Rodman 1995.</ref> Oldham, que non tiña experiencia en gravacións pero nomeouse a si mesmo produtor da banda, dixo que Regent tiña un son moi axeitado para o grupo.<ref>Oldham 2000, pp. 252–253.</ref> Debido ás baixas taxas de Regent, a banda puido gravar durante longos períodos de tempo en vez de facelo en bloques de tres horas, algo que se facía en case todos os estudios. Todos os temas do primeiro álbum británico de The Rolling Stones foron gravados en Regent.<ref>Nelson 2010, p. 26.</ref><ref>Oldham 2000, p. 213.</ref>
 
O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles "I wanna be your man". Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.