Eugenio Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 8:
En [[1926]] obtén a cátedra de Filosofía en [[Cádiz]], onde coñece a [[José María Pemán]]. Logo pasa dous anos en [[París]] estudando na [[Sorbona]].
 
Colaborou coa ''[[Revista Nós]]'', dirixida por [[Vicente Risco]], na que publicou poemas en galego que combinan a vangarda coa tradición galega. En galego publicou tres libros: un poemario, ''Versos a tres cás o neto'' (1930); dous libros de relatos, ''O vello mariñeiro toma o sol'' (1922) e ''Tres contos'' (1930). Tamén é autor dun ensaio, ''"Estética da muñeira''" que saiu na revista ''Nós'' (1922). Ao mesmo tempo que en Nós, publicou noutros diarios e revistas galegos.
 
A principios da década de 1930, decide dedicarse exclusivamente ao [[xornalismo]], e foi correspondente dos xornais ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e ''[[El Debate]]'' en varias capitais europeas durante os anos 30.