Galileo Galilei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Etiqueta: caracteres repetidos
Liña 74:
Galileo produciu unha peza orixinal e aínda profética no seu traballo matemático: o [[Paradoxo de Galileo]], que amosa que hai tantos números impares como o total de números, tanto pares como impares. Tales contradicións foron postas baixo control uns 250 anos despois no traballo de [[Georg Cantor]].
 
== Tecnoloxía ==hola anxooo
quetal aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Galileo fixo algunhas contribucións ás que nós podamos chamar [[tecnoloxía]] de xeito diferenciado da física pura, e suxeriu outras. Hai que notar que no sentido aristotélico en voga naquel tempo, consideraríase a física de Galileo como ''techne'' ou coñecemento útil, como oposto a ''episteme'', ou investigación filosófica sobre as causas das cousas.
 
Nos anos [[1595]] - [[1598]] Galileo concibiu e mellorou un "[[Pantómetra|Compás]] xeométrico e militar" para uso de tiradores e outeadores. Este instrumento melloraba outros deseñados por [[Niccolo Fontana Tartaglia|Tartaglia]] e Guidobaldo. Para os tiradores, ofrecía a máis de vías novas e máis seguras de elevar o canón de xeito preciso, un xeito máis rápido de calcular a carga de pólvora para balas de canón de diferentes tamaños e materiais. Como instrumento xeométrico, permitiu a construción de calquera polígono regular, o cálculo da área de calquera polígono ou sector circular e unha variedade de outros cálculos.
 
Sobre [[1606]] - [[1607]] (ou pode que [[Liña de tempo de tecnoloxía en medidas de temperatura e presión|antes]]) Galileo fixo un [[termómetro]], usando a expansión e contracción do aire nunha burbulla para mover a auga nun tubo unido a ela.
 
No [[1610]] usou un telescopio como [[microscopio]] composto, e despois ([[1623]]) fixo microscopios mellorados, no que parece ser o [[Liña de tempo da tecnoloxía do microscopio|primeiro]] caso documentado de xeito claro dun microscopio composto.
 
No [[1612]], tendo determinados os períodos orbitais dos satélites de Xúpiter, Galileo propuxo que cun coñecemento suficientemente preciso das súas órbitas poderíanse usar as posicións de ditos satélites como reloxo universal, co que sería posible a determinación da lonxitude dun punto terrestre. Traballou sobre este problema de cando en vez durante o resto da súa vida, pero problemas prácticos fixeron imposible para el a súa solución, e foi un século despois cando [[John Harrison]] foi quen de medir a lonxitude a partir dun cronómetro.
 
No seu derradeiro ano, totalmente cego, deseñou un mecanismo de escape para un reloxo de péndulo. O primeiro reloxo de péndulo totalmente operativo foi feito por [[Christiaan Huygens|Huygens]] na década de 1650.
 
Fixo [[apuntamento]]s de varios [[invento]]s, como a combinación dunha [[candea]] e un [[espello]] para reflectir a luz a través dunha construción, unha picadora automática de [[tomate]]s,un útil de comida que se dobraba e recollía no peto, e o que parece un [[bolígrafo]].
 
Galileo escribiu varios [[libro]]s que circularon fora de Italia. De feito, o seu derradeiro libro, ''[[Dúas Novas Ciencias]]'', foi publicado por [[Elzevir]] nos Países Baixos e non circulou publicamente en Italia, onde a Inquisición prohibiu a publicación de calquera cousa que tivera a Galileo como autor.
 
== Controversia coa Igrexa ==