Bomba atómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
[[Ficheiro: Nagasakibomb.jpg|miniatura|250px|A nube en forma de cogomelo deixada pola bomba atómica que explotou a 500 m. de altitude no centro de [[Nagasaki]] ([[Xapón]]) o [[6 de agosto]] de [[1945]], alcanzou os 18 km de altura.]]
 
Unha '''bomba atómica''' é unha arma explosiva cuxa enerxía deriva dunha [[reaccións nucleares|reacción nuclear]], xa sexa de [[fisión nuclear|fisión]] ou unha combinación de fisión e de [[fusión nuclear|fusión]]. Ambas reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas da materia. A bomba atómica ten un poder destrutivo inmenso — unha única bomba é capaz de destruír unha cidade grande enteira. A primeira proba dunha bomba de fisión ("atómica") liberou a mesma cantidade de enerxía que preto de 20 mil [[Equivalencia en TNT|toneladas de TNT]].A primeira proba dunha [[deseño de Teller-Ulam|bomba termonuclear]] ("[[hidróxeno]]") liberou unha cantidade de enerxía equivalente a cerca de 10 millóns de toneladas de TNT. Unha arma termonuclear moderna, pesando pouco máis de 1.100 kg, pode producir unha forza explosiva equivalente á detonación de máis de 1,2 millóns de toneladas de TNT.<ref>Especificamente as bombas nucleares [[B83]], co 1,2 [[megaton]]s.</ref> Así, mesmo un pequeno dispositivo nuclear non moito maior co das bombas tradicionais, pode devastar unha cidade enteira a través da xigantesca explosión e polos incendios e [[radiación]] subsequentes. As armas nucleares son consideradas [[arma de destrución masiva|armas de destrución masiva]] e o seu uso e control ten sido un dos principais focos da política das [[relacións internacionais]] desde a súa creación.
 
Bombas atómicas só foron usadas dúas veces en guerra, ambas polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] contra o [[Xapón]], nas cidades de [[Hiroshima]] e [[Nagasaki]], durante a [[Segunda Guerra Mundial]] (sendo dos maiores ataques a unha poboación civil, con case 200.000 mortos). No entanto, as bombas atómicas xa foran usadas centenares de veces en probas nucleares feitas por varios países.{{Cómpre referencia}}