Diferenzas entre revisións de «Germaine de Staël»

lig int
(tradución; sección "obra" desde fr:wiki)
(lig int)
Era filla do financeiro suízo [[Jacques Necker]], ministro de [[Luís XVI de Francia]], e de [[Suzanne Curchod]]. Desde nova mostrou interese polo salón literario da súa nai. Seguidora dos filósofos franceses do [[século XVIII]], con 22 anos escribiu unha ''Carta sobre el carácter y las obras de [[Jean-Jacques Rousseau]]''. En [[1986]] casou co embaixador de [[Suecia]] en París, co que tivo tres fillos, e convertiu o seu salón nun dos principais centros literarios e políticos da capital francesa.
 
Durante a [[Revolución francesa]] tomou parte activa apoiando a [[Talleyrand]], pero trala caída da monarquía en [[1792]] abandonou Francia e viaxou a Suíza. Alí volveu contactar con [[Benjamin Constant de Rebecque|Benjamin Constant]], ao que coñecera nunha viaxe anterior e co que tivera relacións sentimentais até [[1808]]. Os seus primeiros ensaios e a súa novela ''Delphine'', na que defende a liberdade de elección sentimental sobre os convencionalismos sociais, sitúana dentro do nacente movemento do [[Romanticismo]].
 
En [[1797]] regresou a París e sentiuse fascinada pola figura de [[Napoleón Bonaparte]]. Porén, este mostrouse receloso ante unha muller dedicada á política, que participaba en intrigas palaciegas e ante a que se evidenciaba a súa escasa elocuencia. Ao situarse ademais o seu amante Benjamin Constant na oposición, en [[1803]] Napoleón instou a Madame de Staël a afastarse de París, manifestándose inflexible ás peticións das súas amizades para que lle permitise regresar. Tras enviuvar en [[1802]], casou en segundas nupcias con Albert de Rocca, alcumado familiarmente ''John'', un mozo militar suízo.
128.431

edicións