Foca común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Phoca vitulina" é un artigo bo; cambios estética
Liña 1:
 
{{Taxobox
| name = Foca común<br />''Phoca vitulina''
| status = LR/lc
| image = Seehund.jpg
Liña 40 ⟶ 39:
=== Subespecies ===
Segundo os autores, recoñécense tres,<ref name=W/> catro <ref name=S/> ou até cinco subespecies:<ref name=S/>
* ''Phoca vitulina concolor'' <small>(DeKay, 1842)</small>, de [[Norteamérica]] oriental.<ref name="N3726">[http://www.unep-wcmc.org/isdb/Taxonomy/tax-species-result.cfm?source=animals&genus=Phoca&species=vitulina UNEP-WCMC Base de datos de Especies] {{es}}</ref> non redcoñecida polo [[WoRMS]].<ref name=W/>
* ''Phoca vitulina mellonae'' <small>(Doutt, 1942)</small>, do [[Canadá]] oriental, tamén presente en augas doces (subespecie incluída en ''P. v. concolor'' por moitos autores).<ref name="N3726" />
* ''Phoca vitulina richardsi'' <small>(Gray, 1864)</small>, de [[Norteamérica]] occidental.<ref name="N3726" />
* ''Phoca vitulina stejnegeri'' <small>(Allen, 1902)</small>, de [[Asia|Asia oriental]]. A esta subespecie algúns autores considérana como unha especie separada, ''Phoca kurilensis'' ou ''Phoca insularis''.<ref name="N3726" /> non recoñecida polo WoRMS,<ref name=W/> nin polo [[SIIT]].
Liña 47 ⟶ 46:
 
== Distribución e poboación ==
A foca común encóntrase exclusivamente no [[hemisferio norte]]. Cunha estimación de 400 000 a 500 000 individuos, a poboación non periga a nivel global, e a maior parte das [[subespecie]]s non se encontran ameazadas, exceptuando as de [[Groenlandia]], [[Hokkaido]] e o [[mar Báltico]]. Porén, moitas das poboacións locais foron reducidas ou mesmo eliminadas debido ás enfermidades e a conflitos cos [[humano]]s, con e sen intención.<ref name=U> Thompson, D. & Härkönen, T. (2008): [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Foca_com%C3%BAn&action=submit ''Phoca vitulina''] na Lista vermella de especies ameazadas da [[UICN]]. Versión 2013.1.</ref>
[[Ficheiro:Common seals pho.jpg|thumb|esquerda|400px|Grupo de focas comúns en [[Svalbard]], [[Noruega]].]]
 
Liña 55 ⟶ 54:
 
O conxunto destas comprendía, nos anos [[1980]], da orde duns 50 000 individuos, dos que de 12 000 a 28 000 se encontraban en augas de Islandia; uns 4 000 en [[Noruega]]; máis de 3 800 nas costas de [[Suecia]], [[Dinamarca]], [[Alemaña]] e os [[Países Baixos]], e de 13 000 a 16 000 nas das [[illas Británicas]].<ref name=DR>Duguy e Robineau (1987), pp.163-176.</ref>
[[Ficheiro:Phoca vitulina colony.jpg|miniatura|250px|Colonia de focas comúns na [[illa de Helgoland]], [[Alemaña]].]]
[[Ficheiro:Phoque Le Hourdel01.jpg|miniatura|250px|Na baía de [[Somme]], [[Francia]].]]
 
Porén, a dinámica das poboacións nesta zona variaron profundamente desde aqueles tempos, con caídas recentes a gran escala nas subpoboaciones do norte do [[Reino Unido]], e aumentos rápidos da poboación, imnterrompidos por descensos imprortantes debido ás enfermidades no [[mar de Wadden]], as do sur de [[Inglaterra]], [[Kattegat]] e [[Skagerrak]], e un aumento gradual despois de a case extinción na década de 1970 no Báltico. En xeral, a poboación de ''P. v. vitulina'' aumentou desde a década de [[1970]].<ref name=U/>
 
Na zona sur da área de distribución, desde mai máis ou menos tempo, rexístrase unha regresión continua da poboación. Dúas das colonias situadas no [[canal da Mancha]], a da [[illa de Wight]] e da baía de [[Somme]], desapareceron na actualidade. Esta últimna contaba con con b moitlos centos de animais a principios do [[século XIX]] e só con algunhas decenas a finais do mesmo. A súa caza, e as molestias continuas que sufría, fixeron que deixase de reproducirse contra [[1930]]. Así mesmo, constatouse que se produciu una diminución alarmante nas costas do mar do Norte. No delta do [[río Rin|Rin]] o número de focas decaeu de 800 en [[1959]] a menos de 50 en [[1971]], e no mar de Wasdden nese mesmo ano non se contaban más de 233 animais, mentres que eran máis de 1 000 algúns anos antes. O principal factor desta regresión parece ser que foi a acción dos [[contaminación|contaminantes]] sobre a fecundidade.<ref name=DR/>
 
Aína que a área de distribución se estende até [[Portugal]], parece que nunca existiu unha colonia de reprodución máis meridional que a citada do Somme. As observacións feitas nas costas francesas da Mancha e o Atléntico, ou máis ao sur ([[España]], Portugal), mostran que se trata con frecuencia de indiviuos xuvenís e, raramente, adultos erráticos.<ref name=DR/>
 
== Descrición ==
Liña 75 ⟶ 74:
* As extermidades anteriores son de tamaño reducido en comparación co corpo. Os dedos preséntanse nunha orde de tamaños decrecente, e están armados con uñas, de forma triangular, agudas, dun tamaño similar ao do dedo, pero pouco visíbeis porque sobrepasan pouco a pelaxe das patas. As aletas posteriores teñen o segundo e o quinto dedo de tamaño similar. A cola é reducida, aínda que robusta.
* A femia posúe un só par de mamas.
* A dentición está formada por 34 pezas, con 3 incisivos, un canino e 5 poscaninos na hemimandíbula superior, e 2, 1 e 5, respectivamente, na inferior.
* Os dentes poscaninos están rematados en tres císpides, a central grande e as outras dúas máis quenas.
* A cor da pelaxe, similar en ambos os sexos, é moi variábel. En xeral é máis escura na rexión dorsal que na ventral, e varía entre a amarela agrisada pálida á parda escura, coin manchjas case negras, de formr a repartición irregulares, que destacan máis ou menos. claramente.
 
== Bioloxía ==
Liña 83 ⟶ 82:
As focas comúns caracterízanse por mostraren un forte grao de fidelidade a un sitio na elección de lugares para descansar. O seu sedentarismo habitual fai que a composición dos grupos, que non presentan unha organización social xerarquizada, sexa máis ou menos igual durante todo o ano. Os lugares de descanso poden ser costas ásperas e rochosas, como as das [[Hébridas]] ou as de [[Nova Inglaterra]] pero, máis frecuentemente, prefiren os anchos [[estuario]]s que ofrecen numerosos bancos de area descubertos na marea baixa e separados por canles bastante profundas; o mellor exemplo deles é ''[[The Wash]]''. É en tales [[biotopo]]s onde se observan os grupos máis importantes pero, en todos os puntos do seu hábitat, a especie é gregaria.<ref name=DR/>
 
Esrtas focas poden pasar varios días no mar, e viaxar até 50 km en busca de lugares onde alimentarse, e tamén poden internarse nos [[río]]s. Ás veces poden tamén remontar c onsiuderábeis distancias nos [[río]]s, e tamén entrar en [[porto (comunicacións)|portos]] perseguindo as súas [[depredación|presas]] (de aí, un dos seus nomes en inglés, ''harbor seal'').
 
=== Alimentación ===
Liña 97 ⟶ 96:
A xestación ''real'' dura ao refdor de 7 meses, e os nacementos ocorren entre finais de maio e mediados de xullo, con lixeiras variacións segun do a latitude. O parto efectúase con frecuencioa nos bancos de area que quedan descubertos entre dúas mareas e, máis raramente, en augas pouco profundas.<ref name=DR/> <ref name=MG/>
 
As crías acabadas de nacer teñen xa unha pelaxe análoga á dos aduiltos, xa que a pelaxe branca embrionaria (tan apreciada polos [[caza de focas|cazadores de focas]] e os tratantes en peles) efectúase ''in utero'' ou poiuco despois do parto. Desde o nacemento, as pequenas focas —que miden paroximadamente 1 m e pesan 15 kg— xa son capaces de nadar. A lactancia faise na auga ou en terra firme e dura de 3 a 4 semanas, cando as crías teñen xa todos os seus dentes.<ref name=DR/>
 
As focas comúns femias teñen unha [[esperanza de vida]] de entre 30 e 35 anos, mentres que nos machos adoita ser de 20 a 25. Algúns científicos suxeriron que esta diferenza se debe ao estrés ao que os machos están expostos durante o período de reprodución.{{cómpre referencia}}
Liña 103 ⟶ 102:
== Estado actual ==
=== Ameazas ===
Os principais [[depredación|depredadores]] das focas comúns son a [[candorca]], o [[tiburón branco]], o [[tiburón de Groenlandia]] e posibelmente outras especies de tiburóns, o [[león mariño de Steller]] e a [[morsa]], ademias de [[aves]] como [[gaivota]]s, [[corvo]]s, e [[aguia]]s. Non hai información sobre a depredación do [[oso polar]] e o [[oso pardo]], pero ambos os dous son posíbeis depredadores de focas.<ref name=U/>
 
=== Medidas de protección ===
Liña 146 ⟶ 145:
{{commons|Phoca vitulina}}
{{wikispecies|Phoca vitulina}}
=== Bibliografía ===
* Berta, A. & Churchill, M. (2012): "Pinniped Taxonomy: evidence for species and subspecies". ''Mammal Review'' '''42''' (3): 207–234.
* Díaz d'a Silva e Carrtelle, Y. (2007): ''Guía dos mamíferos de Galicia''. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96883-20-7.
* Duguy, R. e Robineau, D. (1987): ''Guía de los mamíferos marinos de Europa''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
* Kowalski, K. (1981): "Pinnipedia" en ''Mamíferos. Manual de teriología'', pp. 464-472. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
Liña 166 ⟶ 165:
[[Categoría:Pinnípedes]]
[[Categoría:Fauna de Galicia]]
 
{{Link GA|es}}