Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: "es:Dama del Lago" é un artigo bo; cambios estética
[[Ficheiro:La Dame du Lac.jpg|miniatura|dereita|230px|A Dama do Lago rapta a Lanzarote. Gravado d´''Os idilios do rei'', de [[Alfred Tennyson|Lord Tennyson]], 1898]]
A '''Dona do lago''' ou a '''Dama do lago''' é un personaxe das [[Materia de Bretaña|lendas artúricas]] con varios papeis: dálle a espada Excalibur ao [[rei Artur]], guía o rei ferido cara a [[Avalon]] despois da batalla de Camlann, encanta a [[Merlín]] e ademais educa a [[Lanzarote do Lago]]. Na [[mitoloxía celta]], a dona do Lago ou a fada Viviane era a señora que rexía [[Ávalon]] -a illa da antiga sabedoría-. Era neta de [[Diana (mitoloxía)|Diana a cazadora]], filla do rei de [[Northumberland]] ou de Dionás. Os distintos autores e copistas déronlle á dona do Lago diversos nomes: '''Niniana''', '''Viviana''', '''Nimue''', '''Ninie''' ou '''Viviane'''.
 
== Traxectoria ==
O personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o [[rei Artur]]. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do [[século XII]] en ''Lancelot, o Cabaleiro da Carreta'', de [[Chrétien de Troyes]], aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou nai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir [[Lanzarote do Lago]]. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico do personaxe toma forma cando no ciclo ''[[Lanzarote-Grial]]'' se menciona a ela expresamente como [[fada]]. N´''[[A morte de Artur]]'', de Sir [[Thomas Malory]], a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada [[Excalibur]].
 
[[Ficheiro:The Beguiling of Merlin by Edward Burne-Jones.jpg|miniatura|esquerda|180px|''A sedución de Merlín'', pintura do prerrafaelita [[Edward Burne-Jones]], 1874]]
A Dama do lago quería que a nova relixión (o cristianismo) e a vella relixión (a da deusa e o hastado) convivisen xuntas, cousa que os sacerdotes cristiáns non querían; así que Ávalon, os ritos de Beltane, a deusa e o caldeiro, o hastado e a vella relixión desapareceron nas néboas, deixando só o recordo.
 
== Para máis información ==
* Alvar, Carlos. ''Breve dicionario artúrico''. Alianza Editorial, Madrid, 1997. ISBN 84-206-3636-3.
* Malory, Sir Thomas. ''A morte de Artur''. Baseada no texto de William Caxton. Tradución de F. Torres Oliver, prólogo de C. García Gual; traducido ao español a partir da edición inglesa preparada por Janet Cowen. Ediciones Siruela. Biblioteca medieval, 2 vol., Madrid, 1999. ISBN 84-7844-485-8.
{{lenda artúrica}}
 
[[Categoría:Materia de Bretaña]]
[[Categoría:Mitoloxía celta]]
 
{{lenda artúrica}}
{{Link GA|es}}
75.977

edicións