Cleveland, Ohio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Cleveland" é un artigo bo; cambios estética
Liña 24:
'''Cleveland''' é unha cidade estadounidense que pertence ao estado de [[Ohio]] . É a sede do [[condado de Cuyahoga]], o máis poboado deste estado. Segundo o censo de 2010, a cidade de seu ten un total de 396.815 habitantes, convertendo a Cleveland na cuadraxésimo quinta cidade máis grande dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e na segunda máis grande de Ohio.
 
== Coordenadas ==
A cidade está situada no nordeste de Ohio, na ribeira sur do [[lago Erie]], aproximadamente a 60 [[milla]]s (97 km) ao oeste da fronteira co estado de [[Pensilvania]]. Fundouse en [[1796]] preto da desembocadura do [[río Cuyahoga]], e convertiuse nun centro manufactureiro grazas á súa localización na ribeira, así como a estar conectado con numerosas canais e liñas de [[ferrocarril]].
 
== Historia ==
=== Fundación ===
En [[1796]], o xeneral [[Moses Cleaveland]], inspeccionando a rexión ao sur do [[lago Erie]] para a '''Connetticut Land Company''', considerou a foz do [[río Cuyahoga]] un bo lugar para asentar unha cidade coma centro do territorio ''Western Reserve''. Dispuxo unha praza central (''Public Square'', á maneira das vilas de [[Nova Inglaterra]]) e parcelou o terreo arredor [http://web.ulib.csuohio.edu/SpecColl/maps/Peas1796b.html].
 
Pero as condicións insalubres por pantanosas das terras nas que levantouse '''Cleaveland''' e a dureza dos invernos disuadiron aos colonos e impediron que fora pouco máis que un pobo ata a terceira década do [[século XIX]] [http://www.clevelandmemory.org/ebooks/kennedy/images/fp92.jpg].
 
=== Crecemento ===
Foi da man da posta en marcha do canal do Erie-[[Ohio]] en 1832 e a posterior chegada do ferrocarril que a posición da poboación adquiriu importancia no tráfico de mercadorías entre os [[Grandes Lagos, América do Norte|Grandes Lagos]] e o val do [[Mississippi]]. Perdeu o ''a'' e converteuse en '''[[Cleveland]]'''.
 
Liña 41:
[[Ficheiro:Cleveland map 1904.jpg|miniatura|dereita|Cleveland en 1904]]
 
=== Exlosión económica ===
O período da [[Guerra Civil Estadounidense|Guerra Civil]] (1861-65) e a posguerra foron os dun auténtico boom económico para a cidade que pasou a se converter nun centro manufactureiro de primeiro orde, xigante industrial da nación sobre todo na industria pesada (o aceiro, ao seres intermediaria do mineral que viña de [[Minnesota]] cara as grandes cidades da costa leste; os [[Rockefeller]] comezaron aquí a súa fortuna cunha [[refinería de petróleo|refinería]] a partir de 1870). A poboación máis que duplicouse en apenas unha década e Cleveland acadou todos os servizos e adiantos dunha urbe moderna (primeiro alumeado público eléctrico do mundo na Public Square) [http://lcweb2.loc.gov/cgi-bin/map_item.pl?data=/home/www/data/gmd/gmd408/g4084/g4084c/pm006872.sid&itemLink=D?gmd:15:./temp/~ammem_54rz::&title=Birds+eye+view+of+Cleveland,+Ohio+1877.+&style=pmmap&legend=].
 
O [[século XX]] comezou coa proposta dun "salón urbano" a maneira do ''Mall'' de Washington e co mesmo nome. Proxectado por [[D. Burnham]] entre outros, unía a esquina nordeste da Public Square coa beira do lago Erie [http://groupplan.dhellison.com/media/images/ss/GroupPlanCommission/The-Group-Plan-1903_L.jpg]. Inda que non levada completamente a cabo, representou a primeira e máis lograda realización de centro cívico fora do da capital do país.
 
=== Crise económica e decadencia ===
Os anos vinte representaron o cénit da prosperidade de Cleveland cando era a quinta metrópole dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A erección da ''Terminal Tower'' (1927, a máis alta do mundo fora de [[Nova York]]) no sudoeste da Public Square simbolizou ese poderío. Despois veu a [[Gran Depresión]] da que o Exposición dos Grandes Lagos de 1936 (na beira do lago, xusto diante do ''Mall'' [http://omp.ohiolink.edu/cgi-bin/OMPview.pl?client=Sanborn&image=/Bdg/Hist1MDS/Olink-Hist1_dir_336/Om2977_163.sid.1077604209-26823-19997-522006-723-1983012051&x=830&y=522&width=1660&height=1044&originx=0&originy=0&fullheight=1044&fullwidth=1660&w=995&h=613&levels=4&lastlevel=0&win=max&level=1]) tentou seres un revulsivo.
 
Liña 53:
O incerto futuro encárase con plans de renovación e revitalización do centro urbano e os barrios, e buscando inversións en novos sectores produtivos.
 
== Xeografía ==
De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 82,47 millas cadradas (213,60 km2), das cales, 77,70 millas cadradas (201,24 km2) son terra e 4,77 millas cadradas (12,35 km2) son auga. A ribeira do lago Erie sitúase a 569 pés (173 m) por riba do [[nivel do mar]]; porén a cidade repousa sobre [[acantilado]]s irregulares que se estenden de maneira abrupta en paralelo có lago. En Cleveland estes acantilados son cortados principalmente polo río Cuyahoga, Big Creek, e Euclid Creek. A terra ascende rapidamente dende a ribeira do lago. A “Public Square”, a menos dunha milla (2 km) terra adentro, atópase a unha altura de 650 pés (198 m), e o [[aeroporto]] Hopkins, a só 5 millas (8 km) terra adentro dende o lago, atópase a unha altitude de 791 pés (241 m).
 
== Clima ==
Como é típico da rexión dos grandes lagos, Cleveland presenta un [[clima continental]] con catro [[Estación meteorolóxica|estaciónestacións]]s ben diferenciadas, o que deriva nun clima continental húmido. Os [[verán]]s son quentes e húmidos, mentres que os [[inverno]]s son fríos e nevarentos.
[[Ficheiro:Downtown Cleveland from Edgewater State Park.jpg|miniatura|300px|Cleveland Downtown]]
 
== Economía ==
A localización xeográfica de Cleveland no río Cuyahoga e no lago Erie foi a clave para o seu crecemento. O canal de Ohio e de Erie xunto coas liñas ferroviarias axudaron a establecer a cidade como un importante centro comercial. O [[aceiro]] e moitos outros produtos manufacturados emerxeron como as [[industria]]s máis importantes.
A cidade diversificou a súa [[economía]] máis alá do seu sector manufactureiro. Cleveland acolle as sedes centrais de moitas grandes compañías, tales como “Applied Industrial Technologies”, “Eaton”, “Forest City Enterprises”, “Sherwin-Williams Company” e “KeyCorp”. A [[NASA]] mantén unha das súas instalacións en Cleveland, o “Glenn Research Center”. “Jones Day”, un bufete de [[avogado]]s dos máis grandes en Estados Unidos, comezou en Cleveland. Cleveland e as áreas residenciais circundantes acollen tamén varias empresas privadas de capitais, incluíndo a “Riverside Company”, “Kirtland Capital Partners”, “Resilience Capital Partners” e “Primus Capital”.
 
== Ocio e educación ==
O distrito escolar metropolitano de Cleveland é a rexión con máis escolas infantís e primarias no estado de Ohio, con 127 escolas e matrículas de 55.567 estudantes durante o ano académico 2006-2007. É a única rexión en Ohio que se atopa baixo o control directo do [[alcalde]], quen designa o consello de administración.
Aproximadamente unha milla cadrada (2,6 km2) de Cleveland, contiguo á veciñanza de Shaker Square, pertence ao “Shaker Heights City School District”. A área, que foi unha parte do distrito da escola Shaker dende a década dos 20, permite a estes residentes de Cleveland pagar as mesmas taxas estudiantís que os residentes de Shaker, así como votar nas eleccións ao consello escolar desta escola.
Liña 80:
The Bridge Avenue School
 
== Deporte ==
Os equipos deportivos profesionais de Cleveland inclúen os “Cleveland Indians” (grandes ligas de [[béisbol]]), “[[Cleveland Browns]]” (liga nacional de [[fútbol americano]]), “[[Cleveland Cavaliers]]” ([[NBA|asociación nacional de baloncesto]]) e “Lake Erie Monsters” (liga estadounidense de [[Hóckey sobre xeo|hockey]]).
 
== Medios de comunicación ==
Só existe un [[xornal]] diario en Cleveland chamado “The Plain Dealer”. Tamén se distribúe na cidade unha revista mensual de [[cultura]] rexional, chamada “Cleveland Magazine”.
 
== Curiosidades ==
Os residentes de Cleveland son chamados “Clevelanders”. Tamén hai apodos para a cidade, tales como “A cidade do bosque”, “Metrópole da reserva do Oeste”, “A capital do mundo do rock and roll”, “A cidade C”, “O leve”, e o termo máis histórico: “A sexta cidade”. Debido á proximidade que hai entre a cidade e o lago Erie, a área de Cleveland é a veces chamada “A costa norte”.
 
== Véxase tamén ==
{{Cidades con máis poboación dos Estados Unidos}}
 
Liña 95:
 
{{Link FA|en}}
{{Link GA|es}}