Benetússer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Benetúser" é un artigo bo; cambios estética
Liña 28:
Despois da reconquista cristiá Benetúser foi repoboado por familias oriúndas de [[Cataluña]], [[Aragón]] e [[Montpellier]] ([[Francia]]). O 27 de abril de [[1351]] Giner Rabassa adquire o municipio, a pesar de que a liñaxe derivou en [[1412]], por diversos parentescos, na familia señorial dos Rabassa de Perellós.
 
== Xeografía ==
Benetússer atópase situado ao sur da cidade de [[Valencia - València|Valencia]], a 5 [[km]], formando unha conurbación (un só núcleo urbano) cos pobos veciños de [[Alfafar]], [[Sedaví]], [[Lloc Nou de la Corona]] e [[Massanassa]]. Forma parte da Comarca da [[Horta Sud]]-Albufeira, á vez que é membro da ''Mancomunitat Intermunicipal de l'Horta Sud'', a cal inclúe tamén a algúns concellos da [[Horta Oest]] como [[Torrent, Valencia|Torrent]].
 
A superficie do termo é de 0,76 km², completamente chaira, alzándose até os 16 [[msnm]]. No termo municipal de Benetúser atopamos fundamentalmente dous tipos de chans do [[Era cuaternaria|cuaternario]], entre os que destacan os fluvisois (solos formados sobre depósitos aluviais) e os gleisois (chans formados sobre materiais non consolidados, excluíndo os de orixe aluvial).
 
== Demografía ==
A poboación de Benetússer a comezos do [[século XX]] era un municipio totalmente [[rural]] das proximidades de Valencia. A poboación era moi reducida e non chegaba ao milleiro, fundamentalmente localizada ao redor da praza da igrexa e do forno. Todo isto trocou nas décadas dos 60 e dos 70 do [[século XX]], momento no que se desenvolveu a industria do moble na comarca, e en especial nesta vila, xa que este municipio representaba nestes momentos máis dun terzo do emprego industrial da [[comarca]].
 
Grazas ao desenvolvemento industrial de Benetússer chegaron ao municipio gran cantidade de inmigrantes, chegados fundamentalmente do interior e sur peninsular ([[Castela A Mancha]], [[Estremadura]] e [[Andalucía]]), os cales se dirixiron a este municipio en busca de emprego. Deste xeito co aumento da poboación do municipio a finais do [[século XX]] provocouse a saída das industrias do municipio, debido fundamentalmente ao reducido tamaño do mesmo. Así dende a década dos 90 a poboación de Benetússer está estancada ao redor dos 14.000 habitantes, os cales traballan maioritariamente nos concellos próximos, convertendo deste xeito ao municipio nunha "vila dormitorio".
 
<center>
Liña 50:
</center>
 
== Economía ==
A extensión do seu termo municipal, un dos máis pequenos da comarca, foi un dos motivos principais que configuraron a economía do municipio, xa que os [[Agricultura|agricultores]] tiveron que buscar terras de cultivo nos municipios veciños e, máis recentemente, a falta de chan cultivable ademais das súas boas comunicacións (o primeiro [[ferrocarril]] chegou en [[1852]]) conduciu súa economía a unha intensa industrialización. O sector industrial de Benetússer e dos seus arredores, tradicionalmente, estaba especializado na industria moble aínda que tamén destacaban os talleres agro-alimentarios, as destilerías ou as fábricas de peites. A produción realizábase en pequenos talleres de orixe artesanal e familiar, ampliados a empresas medianas nos últimos anos.
 
Actualmente, o sector do moble segue a ser unha actividade importante, aínda que os centros de produción fóronse desprazando cara aos polígonos industriais doutras poboacións, debido ao reducido tamaño do municipio, quedando neste unicamente as exposicións e tendas destes produtos. Deste xeito gran parte da poboación activa do concello pertence ao [[sector servizos]].
 
== Ligazóns externas ==
{{commonscat}}
* [http://www.benetusser.net/ Sitio web oficial do Concello]
* [http://www.ive.es/ Instituto Valenciano de Estatística]
 
{{Concellos de Valencia}}
Liña 65:
[[Categoría:Concellos de Valencia]]
[[Categoría:Área metropolitana de Valencia]]
 
{{Link GA|es}}