Bangladesh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "PtomelyAsiaDetail.jpg" por "Ptolemy_Asia_detail.jpg" segundo o ordenou Marcus Cyron. Motivo: [[commons:COM:FR|Fi...
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Bangladés" é un artigo bo; cambios estética
Liña 85:
Baixo o liderado de Sheikh Mujibur Rahman, tamén coñecido como ''Bongobondhu'' (amigo de Bengala), Bangladesh comeza a súa loita pola independencia. O ataque do exército paquistaní no 25 de marzo de 1971 sobre os civís bengalís foi un dos máis sanguentos xenocidios en tempos recentes. Practicamente toda a elite intelectual bengalí foi eliminada. Debido ao esforzo do Paquistán Occidental en manter o país libre de xornalistas estranxeiros, os números precisos do xenocidio son difíciles de conseguir, mais estímase en 50.000 o número de mortos nos primeiros tres días da entón chamada “Operación Holofote” do exército paquistaní. Máis de dez millóns de bengalís fuxiron para a veciña India.
 
A Guerra da Liberación de Bangladesh tivo lugar durante a [[Guerra Fría]]. Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e maila [[China]], ao consideraren a guerra un asunto interno do Paquistán, preferiron apoiar o Paquistán Occidental. Por outra banda, a [[India]], [[URSS]], [[Xapón]] e os países occidentais demostraron solidariedade con Bangladesh. Para gañar vantaxe sobre o eixo China-Estados Unidos-Paquistán, o Tratado de Amizade Indo-Soviético foi asinado o 9 de agosto do 1971.
 
A India, debido á súa localización xeográfica e ao seu antagonismo militar co Paquistán, apoiou vehementemente a Guerra da Liberación, especialmente despois de que a URSS tamén apoiase a causa. Estratexicamente, a independencia de Bangladesh significaría un punto menos de ataque do Paquistán á India. Certamente o goberno rexional daría apoio ás terras dos grupos étnicos. O 27 de marzo do [[1971]], a primeira ministra da [[India]] [[Indira Gandhi]], expresou total apoio á loita bengalí pola liberdade. A fronteira Bangladesh-India foi aberta. Os gobernos dos estados indios de [[Bengala Occidental]], [[Bihar]], [[Assam]], Meghalaya e Tripura estableceron campos de refuxiados ao longo da fronteira. Eses campos volvéronse de inmediato lugares de recrutamento para combatentes na loita pola liberación bengalí. O cuartel xeral das forzas de Bangladesh foi establecido en [[Calcuta]], comezando a funcionar o 12 de abril de 1971. O tenente coronel M. A. Rab e o capitán A. K. Khandaker foron designados como Xefe e Vice-Xefe respectivamente.
Liña 91:
Durante a guerra, baixo severa oposición do goberno do Paquistán, a [[BBC]] continuou a cobertura a través da radio BBC Bangla no sur da [[Asia]]. Entre os esforzos internacionais para aumentar a concienciación houbo o “Concerto para Bangladesh” promovido polo ex-[[Beatle]] [[George Harison]].
 
Sheikh Mujibur Rahman, identificado como o influenciador máis carismático dos bengalís, foi preso polo goberno paquistaní. Antes de ser preso, fixo unha declaración formal de independencia o 26 de marzo. Desde entón o [[26 de marzo]] é considerado o día da independencia de Bangladesh. Primeiro M. A. Hannan o 26 de marzo e deseguido o 27 de marzo Ziaur Rahman, entón maior do exército, que se tornaría despois presidente, declaran a independencia de Bangladesh en nome do Pai da Nación ''Bongobondhu'' (Sheikh Mujibur Rahman), usando un transmisor de radio temporal en Kalurghat próximo ao porto da cidade de [[Chittagong]] (aínda que algunhas persoas de Bangladesh, particularmente os membros do Partido Nacionalista de Bangladesh dixesen que Sheikh Mujibur Rahman foi quen declarou a independencia de Bangladesh primeiro). Coa axuda dos oficiais bengalís do exército, o apoio humanitario de civís e militares da India, Bangladesh rapidamente formou o ''Mukti Bahini'' (Combatentes da Liberdade), un grupo armado. Alén dos perturbadores ataques ao exército paquistaní residente, o Mukti Bahini deu apoio de intelixencia local ás tres unidades tácticas de 80.000 soldados do exército indio que atacaron o exército paquistaní de ocupación no comezo de decembro de 1971. O tenente xeneral A. A. K. Niazi, do exército paquistaní, rendeuse ao exército indio o 16 de decembro de 1971. A India fixo 93.000 prisioneiros de guerra que foron mantidos en campos na India para evitar a furia da poboación de Bangladesh. A nova nación de Bangladesh fíxose efectiva e Sheikh Mujibur Rahman, preso polo Paquistán en marzo, retornou triunfalmente para ser o primeiro ministro da nación. A India retirou as súas tropas de Bangladesh tres meses despois do final da guerra. O Paquistán, axudado por partidarios en Bangladesh, cometeu crimes de guerra antes e durante o conflito e as lembranzas do horror entre os bengalís non cicatrizaron ata hoxe.
 
Sheikh Mujibur Rahman converteuse despois presidente de Bangladesh. El, xunto coa maioría da súa familia, foi masacrado por un grupo de oficiais do exército decepcionados co goberno o 15 de agosto de [[1975]]. Despois da súa morte, o Maior Xeneral Khaled Mosharraf conduciu un golpe militar o 3 de novembro de 1975. Khaled Mosharraf foi asasinado nun contragolpe o 7 de novembro de [[1975]], en Dhaka, levando ao Xeneral Ziaur Rahman ao poder. El enseguida gañaría a Presidencia. Mais en [[1981]], Ziaur Rahman morreu noutro golpe, en Chittagong. En [[1982]] o Xeneral [[Hosain Mohammad Ershad]] conduciu un sanguento golpe e despois o presidente Ahsan Uddin Choudhury, un ex-membro da Suprema Corte de Xustiza. Ershad despois declarouse a si mesmo presidente e inaugurou un novo partido político denominado Xanadal, que el despois renomeou como Partido [[Jatiya]]. O goberno de Ershad durou ata [[1990]]. Unha revolta popular forzou a Ershad a renunciar e abrir camiño a unha democracia parlamentaria. Desde entón, Bangladesh tivo tres mandatos de goberno electos democraticamente.
Liña 191:
{{Commons|Bangladesh}}
{{Asia}}
{{Ligazón AD|idbn}}
{{Ligazón ABAD|esid}}
{{Ligazón AB|es}}
 
[[Categoría:Bangladesh]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
 
{{LigazónLink ADGA|bnes}}
{{Ligazón AD|id}}
{{Ligazón AB|es}}