República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "eo:Ĉeĥio" é un artigo bo; cambios estética
Liña 63:
A actual República Checa chámase en checo ''Česká republika'', denominación que deriva do nome da maior rexión do país, ''Čechy'' ([[Bohemia]]) ou do etnónimo ''checos'', nome dunha das [[tribo]]s [[eslavos|eslavas]] que habitaron o actual territorio do país despois da época das migracións e que dominou a zona cara ao [[530]]. A orixe do nome da tribo é descoñecido. De acordo cunha lenda, o nome vén do líder [[Lech, Czech e Rus|Praotec Čech]] ("pai Checo").
 
Componse de tres territorios históricos: [[Bohemia]] (en [[checo]]: ''Čechy'') ao oeste, [[Moravia]] (''Morava'') ao sueste e a [[Silesia Checa]] (''Slezsko''), a parte máis pequena da [[Silesia|Silesia histórica]], a maioría da cal se atopa hoxe dentro da moderna [[Polonia]]. Conxuntamente, estas tres partes poden ser describir como "[[Países Checos|terras checas]]", falándose nelas a [[lingua checa]]. Cando a nación checa recuperou a súa independencia en [[1918]], o novo estado de [[Checoslovaquia]] constituíuse para reflectir a unión dos territorios checos e [[eslovaco]]s que se fusionaron despois da [[Primeira Guerra Mundial]] (ademais dunha pequena parte do oeste de [[Ucraína]]).
 
== Historia ==
Liña 129:
 
=== Divisións administrativas ===
Dende o ano [[2000]] a República Checa está dividida en trece rexións (en [[checo]]: ''kraje'', singular ''kraj'') e a capital [[Praga - Praha|Praga]]. Cada rexión ten a súa propia Asemblea Rexional (''krajské zastupitelstvo'') e ''hejtman'' (ou "presidente"). En Praga, as súas competencias son executadas polo Concello e o Alcalde.
 
Os antigos setenta e seis distritos, (''okresy'', singular ''okres'')<ref>[http://www.radio.cz/en/article/36046 The death of the districts], Radio Prague</ref> entre eles tres "cidades estatutarias" (sen contar Praga, que tiña un status especial), perderon gran parte da súa importancia en [[1999]] coa reforma administrativa; agora permanecen como divisións territoriais e como asentos dalgunhas ramas da administración estatal.
Liña 294:
En 2005, segundo a Instituto Checo de Estatística, o 65,4 % da [[electricidade]] foi producida no vapor, en [[central térmica|centrais de térmicas]] e de [[ciclo combinado]] (principalmente [[carbón]]), o 30% en [[central nuclear|centrais nucleares]], e o 4,6 % de [[enerxías renovables|fontes renovables]], incluíndo a [[enerxía hidroeléctrica]]. [[Rusia]], por medio de gasodutos a través de [[Ucraína]] e, en menor medida, [[Noruega]], a través de [[Alemaña]], subministran ao país con [[gas natural|gas licuado e natural]].
 
Hoxe estase a reducir a dependencia do altamente contaminante [[Lignito|carbón lignito]] como fonte de enerxía. A [[enerxía nuclear]], que proporciona actualmente o 30 % das necesidades de enerxía total, prevese que aumente participación até o 40 %. O [[gas natural]] é adquirido da compañía [[Rusia|ruso]] Gazprom, que aporta aproximadamente tres cuartas partes do consumo interno, e de diferentes empresas [[Noruega|norueguesas]], que representan algo máis do cuarto restante. O gas ruso é importado a través de Ucraína (polo oleoduto de Druzhba, o máis longo do mundo) e o gas de Noruega transpórtase a través de Alemaña. O consumo de gas (aproximadamente 100 [[Watt|TWh]] no período [[2003]]-[[2005]]) é case dúas veces maior que o consumo de electricidade. Moravia Meridional ten pequenos depósitos de [[petróleo]] e [[gas]].
 
=== Turismo ===
Liña 531:
A República Checa ten unha das poboacións menos relixiosas da Terra. Historicamente, os checos caracterizáronse como "tolerantes e mesmo indiferentes ante a relixión". Segundo o censo de [[2001]], o 59 % da poboación é [[Agnosticismo|agnóstica]], [[ateísmo|atea]] ou non relixiosa, o 26,8 % é [[Catolicismo|católica]] e o 2,5 % é [[Protestantismo|protestante]]. De [[1991]] a [[2001]], o número de persoas que se identifican con ningunha relixión aumentou un 19,1 %, o que supón dous millóns de persoas, o que sopón representa o aumento máis grande do grupo. A adhesión ao cristianismo diminuíu en máis dun millón de persoas.
 
Segundo unha enquisa do Eurobarómetro en [[2005]],<ref>[http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_225_report_en.pdf Eurobarometer on Social Values, Science and Technology 2005 – páxina 11]</ref> o 19 % da cidadanía checa respondeu que "cre que hai un Deus" (a segunda máis baixa entre os países da [[Unión Europea]], despois de [[Estonia]] cun 16 %), mentres que o 50 % respondeu que "cre que existe algún tipo de espírito ou forza vital". O 30 % declarou que "non cre que haxa ningún tipo de espírito, Deus ou forza vital".
 
== Cultura ==
Liña 537:
{{AP|Lingua checa}}
[[Ficheiro:StrcPrstSkrzKrk.png|miniatura|180px|Onda de [[Strč prst skrz krk]].]]
A principal lingua falada do país é o checo (''čeština''), unha das [[linguas eslavas]] do oeste de [[Europa]], xunto co [[Lingua caxubia|caxubio]], o [[lingua eslovaca|eslovaco]], o [[lingua polonesa|polaco]] e o [[lingua sorabia|sorabio]]. É falado por uns doce millóns de persoas en todo o mundo, das cales 9,5 millóns viven na [[República Checa]]. O checo utiliza o [[alfabeto latino]] con sinais diacríticas para a súa escrita. A fonoloxía do checo pode ser difícil para falantes doutras linguas. Por exemplo, algunhas palabras non parecen ter vogais: ''ztvrdl'' (endurecido), ''scvrkl'' (afondado), ''blb'' (bobo), ''vlk'' (lobo), e ''smrt'' (morte). Hai un exemplo popular disto na frase "''[[strč prst skrz krk]]''", que significa "insire o dedo pola gorxa".
 
As linguas checa e [[lingua eslovaca|eslovaca]] son mutuamente intelixíbeis e próximas na escrita, mais difiren fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da [[radio (medio de comunicación)|radio]] e da [[televisión]] nacionais até a disolución de [[Checoslovaquia]] no [[1993]]. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión.
 
=== Literatura ===
Liña 584:
[[Categoría:Artigos destacados]]
 
{{Link FA|eo}}
{{Link FA|vi}}
{{Link FAGA|eo}}