Conferencia de Ialta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "eo:Jalta konferenco" é un artigo bo; cambios estética
Liña 3:
A '''Conferencia de Yalta''', ás veces chamada '''Conferencia de Crimea''' ou co nome en clave de '''Conferencia dos Argonautas''', foi o encontro en tempo de guerra entre o [[4 de febreiro|4]] e o [[11 de febreiro]] de [[1945]] mantido polos xefes de goberno dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]], e a [[Unión Soviética]] — [[Franklin D. Roosevelt]], [[Winston Churchill]], e [[Iosif Stalin]], respectivamente.
 
== Aspectos xerais ==
O 4 de febreiro de [[1945]] Roosevelt, Churchill e Stalin reuníronse en [[Yalta]], na [[Península de Crimea]]. Foi a segunda das longas conferencias en tempo de guerra, precedida por [[Conferencia de Teherán|Teherán]] en [[1943]], e sucedida pola ''[[Conferencia de Postman]]'' (trala morte de Roosevelt) en 1945.
 
Liña 22:
{{Cita|O establecemento da orde en Europa e a reconstrución da vida nacional económica cómpre que sexan acadados por procesos que permitirán ós pobos liberados destruíren os derradeiros vestixios de [[nacionalsocialismo|nazismo]] e [[fascismo]] e crearen institucións democráticas de acordo coa súa elección.}}
 
== O encontro ==
[[Ficheiro:Livadia Palace Crimea.jpg|miniatura|300px|O encontro dos tres líderes tivo lugar no Gran Palacio Livadia.]]
A Conferencia tivo lugar en [[Yalta]], unha vila de descanso na península de [[Crimea]], na [[RSS de Ucraína]]. A delegación americana foi hospedada no antigo palacio dos [[tsar]]es, mentres que Roosevelt estivo no [[Palacio Livadia]] onde tiveron lugar os encontros. A delegación británica foi instalada no castelo do [[Príncipe Vorontsov]] de [[Alupka]]. Os membros importantes das delegacións foron [[Edward Stettinius]], [[Averell Harriman]], [[Anthony Eden]], [[Alexander Cadogan]] e [[Vyacheslav Molotov]]. Segundo [[Anthony Beevor]], tódalas habitacións foron telefonicamente intervidas polo [[NKVD]]. Stalin chegou por tren o [[4 de febreiro]]. A reunión comezou cunha cea oficial aquela tarde.
 
== Puntos importantes ==
Os puntos claves da reunión foron os seguintes:
* Houbo un acordo de que a prioridade debería ser a rendición incondicional da [[Alemaña nazi]]. Trala guerra, Alemaña debería ser dividida en catro zonas de ocupación, así como unha ocupación cuadripartita de [[Berlín]].
* Stalin mostrouse de acordo en deixar a [[Francia]] a cuarta zona de ocupación en Alemaña e Austria, establecida aparte das zonas británica e americana. Francia tamén tería un posto garantido no [[Consello de Control Aliado]].
* Alemaña debería ser [[demilitarizada]] e desnazificada.
* As reparacións de Alemaña deberían ter lugar parcialmente en forma de traballos forzados.
* Creación dun consello de reparación aliado con sede en [[Moscova]].
* O status de [[Polonia]] foi discutido, pero foi complicado polo feito de que Polonia estaba naquel momento baixo o control do [[Exército Vermello]]. Foi acordado reorganizar o [[Goberno Provisional Polaco]] que fora establecido polo Exército Vermello a través da inclusión doutros grupos como o [[Goberno Provisional Polaco de Unidade Nacional]] e de ter eleccións democráticas. Isto efectivamente excluíu ó lexítimo goberno polaco no exilio que fora evacuado en 1939.
* A fronteira do leste de Polonia seguiría a [[Liña Curzon]], e Polonia recibiría compensacións substanciais territoriais ó oeste por parte de Alemaña.
* Os cidadáns da Unión Soviética e de [[Iugoslavia]] deberían ser devoltos ós seus respectivos países, sen importar o seu consentimento.
* Roosevelt obtivo o compromiso de Stalin de participar nas [[Nacións Unidas]] unha vez foi acordado que cada un dos cinco membros permanentes do [[Consello de Seguridade]] tería poder de veto.
* Stalin acordou entrar na loita contra o [[Imperio do Xapón]] despois de 90 días trala derrota de Alemaña. A Unión Soviética recibiría a parte sur de [[Sakhalin]] e as [[Illas Kuriles]] trala derrota do Xapón.
* Millóns de soviéticos ciscados por Europa foron forzados a volver á URSS.
* Un ''Comité de Desmembramento de Alemaña'' foi creado. O seu propósito foi decidir se Alemaña tería que ser dividida en varias nacións, e se así fose, que fronteiras e relacións terían que ter os novos estados alemáns.
 
== Legado ==
Yalta foi a derradeira gran conferencia anterior á fin da guerra e a última viaxe que fixo Roosevelt ó estranxeiro. Para os observadores apareceu deseguida enfermo e canso. Razoadamente, o seu tanto máis importante foi asegurarse a participación da Unión Soviética nas [[Nacións Unidas]], que conseguiu co prezo de garantir o poder de veto a cada membro permanente do seu Consello de Seguridade. Outro dos seus obxectivos era levar á Unión Soviética á loita contra o Xapón, xa que a efectividade da [[bomba atómica]] estaba aínda sen probar. Como recompensa, permitíuselle á Unión Soviética ocupar [[Sakhalin]] e as [[Illas Kuriles]], que estiveran sempre baixo soberanía xaponesa, e outros privilexios na China colonial permaneceron intactos.
 
Liña 52:
Os historiadores din que Stalin xa amosara a súa inmoralidade, como demostrara na purga do exército ruso nos anos trinta e, máis recentemente, a súa falta de vontade a axudar á insurrección en Varsovia no 1944, e que polo tanto non se podería ter confiado nel. Porén, en outubro de 1944, Stalin e Churchill acordaran no Acordo das Porcentaxes como dividir as súas respectivas esferas de influencia. Stalin mantería a maioría deste acordo, incluíndo a denegación de apoio ás guerrillas comunistas na Grecia, que Stalin acordara como parte da esfera de influencia británica. Tamén influíu o feito de que, ó remate do día, Stalin podería ter optado por non permitir a entrada dos aliados en Berlín. Era parte do territorio soviético, e podería ter dito que non de querelo. Por tanto, naquel intre, non había nada que permitise imaxinar que a situación acabaría como acabou.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Yalta conference}}
=== Bibliografía ===
* Best, Geoffrey. ''Churchill: A Study in Greatness''. London: Hambledon and London, 2001.
* Clemens, Diane S. "Yalta Conference." World Book. 2006 ed. vol. 21. 2006, 549.
* "[http://www.cnn.com/SPECIALS/cold.war/episodes/01/documents/yalta.html Cold War: Teheran Declaration."]. CNN. 1998. 26 March 2006.
* Meacham, John. ''Franklin and Winston: An Intimate Portrait of an Epic Friendship''. New York: Random House Inc., 2003.
* O’Neil, William L. ''World War II: a Student Companion''. New York: Oxford UP, 1999.
* Perisco, Joseph E. ''Roosevelt’s Secret War''. New York: Random House, 2001.
* “Portraits of Presidents: Franklin D. Roosevelt.” School Arts Magazine February 1999: 37. Student Research Center. EBSCO Host. Philadelphia. 2 Apr. 2006. Keyword: FDR.
* Snyder, Louis L. ''World War II''. New York: Grolier Company, 1981.
* Sulzberger, C L. ''American Heritage New History of World War II''. Ed. Stephen E. Ambrose. New York: Viking Penguin, 1998.
* Waring, J. G. ''A student's experience of Yalta''
* “Yalta Conference.” Funk and Wagnalls New Encyclopedia. World Almanac Education Group, 2003. SIRS DISCOVER. Philadelphia. 2 April 2006. Keyword: Yalta Conference.
 
=== Outros artigos ===
* [[Telón de aceiro]].
* [[Lista de Conferencias da Segunda Guerra Mundial]].
* [[Operación Keelhaul]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://digital.library.wisc.edu/1711.dl/FRUS.FRUS1945 Relacións exteriores dos EUA. Conferencias en Malta e Yalta, 1945]
* [http://www.taiwandocuments.org/yalta.htm Protocolo de procedemento da Conferencia de Crimea]
* [http://web.archive.org/20021018055456/www.geocities.com/Pentagon/6315/yaltabet.html A traición de Yalta]
* [http://svaradarajan.blogspot.com/2005/05/mr-bush-and-riga-axioms.html ''Mr Bush and the Riga axioms''] (Punto de vista favorable a Yalta)
* [http://www.militaryhistoryonline.com/wwii/articles/yalta.aspx MilitaryHistoryOnline Conferencia de Yalta]
* [http://www.boston.com/news/globe/ideas/articles/2005/05/08/how_good_was_the_good_war?pg=full How good was the Good War?]
* [http://www.ena.lu?lang=2&doc=246 La División de Europa]
* [http://hnn.us/roundup/entries/11904.html Os mitos reais de Yalta]
* [http://www.fdrlibrary.marist.edu/psf/box32/t298x01.html Special German series 2. The Committee on Dismemberment of Germany] (Conversacións dos aliados acerca da posibilidade de dividir Alemaña en varios estados)
* [http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/4241863.stm Yalta casts its shadow 60 years on], [[BBC]], [[7 de febreiro]] de [[2005]]
 
{{Guerra fría}}
 
[[Categoría:Segunda Guerra Mundial]]
 
{{Link GA|eo}}