Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: ORDENAR:Botanica
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:History of botany" é un artigo bo; cambios estética
Liña 12:
As primeiras observacións novas débense a [[Hildegard von Bingen]] e a [[Alberte Magno]], que tivo unha grande influencia nos séculos seguintes.
 
== Século XVI ==
O texto de Dioscórides non foi nunca esquecido, senón copiado e ás veces comentado ou ampliado, ao longo de toda a [[Idade Media]] e do [[Renacemento]], tanto nos países [[cristianismo|cristiáns]] como [[Islam|musulmáns]]. A primeira versión impresa é de [[1478]], pero a partir de [[1516]] sucedéronse numerosas edicións ilustradas e comentadas, entre as que destacan a italiana de [[Andrea Mattioli|Andrea Mattioli]], probablemente a que máis contribuíu á difusión da obra, ou a española de [[Andrés Laguna]].
 
No [[século XVI]] fundáronse no norte de [[Italia]] os primeiros [[xardín botánico|xardíns botánicos]]. O estudo empírico das plantas de cada país e das exóticas, traídas polos exploradores europeos e cultivadas nos xardíns, comezou de novo, e empezaron a publicarse tratados e catálogos que xa non se limitaban a reproducir ou simplemente comentar a obra dos antigos, senón que, comprobada a insuficiencia dos catálogos antigos, buscaban obter e presentar un coñecemento o máis exhaustivo posible da diversidade das plantas. Destacan nesta tarefa obras como as de [[Adam Lonitzer]], [[Jacques Daléchamps]], [[Nicolás Monardes]], [[Charles de l'Écluse]], [[Conrad Gessner]] ou [[Leonhard Fuchs]]. O esquema clasificatorio seguiu sendo neste período debedor do de [[Teofrasto]].
Liña 21:
A necesidade de criterios de clasificación impulsou a investigación das partes das plantas e das súas funcións. [[Andrea Cesalpino]], no seu ''De plantis libri XVI'' ([[1586]]) explicou que a clasificación debía basearse en carácteres obxectivos, nos seus trazos, e non na utilidade. O seu éxito en lograr unha clasificación natural foi limitado, pero foi ademais o primeiro que incluíu o estudo de «vexetais» ata entón excluídos, como as [[alga]]s, os [[Brión (botánica)|brións]], os [[fieito]]s, os [[equiseto]]s, os [[fungi|fungos]] e os [[coral (animal)|corais]], moito antes de que se comprendese que os fungos non son vexetais e que os corais son en realidade animais. [[Bernard Palissy]] explicou por que as plantas necesitan [[esterco]].
 
== Século XVII ==
O [[século XVII]] é o do nacemento da ciencia moderna, impulsada pola obra de [[Galileo Galilei|Galileo]], e da multiplicación das academias científicas, como a [[Accademia dei Lincei]], fundada en [[1603]], a británica ''[[Royal Society]]'', de [[1660]], ou a francesa Academia de Ciencias (''[[Académie des Sciences]]''), de [[1666]].
[[Ficheiro: RobertHookeMicrographia1665.jpg|miniatura|Células na cortiza segundo Robert Hooke]]
Liña 38:
Naquel tempo ([[1716]]), o floreiro [[Inglaterra|inglés]] [[Thomas Fairchild]] creou o primeiro [[híbrido]] ao cruzar dúas especies distintas de [[Caraveleira|caraveis]]: un macho de [[Dianthus barbatus]] e unha femia de [[Dianthus caryophyllus]]. Fairchild presentoulle os seus éxitos en público á [[Royal Society]] en [[1720]]<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].</ref>. Tamén [[John Woodward]] amosou en [[1714]] que as sementes xerminadas non se desenvolven en auga pura, senón nun extracto de solo.
 
== Século XIX ==
E [[1837]] [[Charles Darwin]] publica ''[[A orixe das especies]]'', unha obra que marcaría un fito na botánica tamén ao describir como as plantas teñen capacidade de adaptación ao contorno, e que esa capacidade de adaptación as fai evoluír<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].</ref>. Tamén Darwin sinalou con precisión o concepto de [[especie]] e propuxo unha nova vía para a clasificación, que se basease nos devanceiros comúns e na proximidade entre diferentes especies.
 
Liña 44:
Unha considerable cantidade de novos coñecementos na actualidade foron xerados polo estudo das [[organismos modelo|plantas modelo]] como ''[[Arabidopsis thaliana]]''. Esta mala herba foi unha das primeiras plantas en ver o seu [[xenoma]] secuenciado. Outros máis importantes comercialmente como alimentos básicos como o [[arroz]], [[trigo]], [[millo]], [[cebada]], [[centeo]], e a [[soia]] están tendo tamén as súas secuencias do [[xenoma]]. Algunhas destas son un reto posto que teñen nas súas secuencias máis de dous xogos de [[cromosomas]] [[haploide]]s, unha condición coñecida como [[poliploidía]], común no reino vexetal. Un alga verde ''[[Chlamydomonas reinhardtii]]'' (un célula, soa, verde alga) é outro modelo de organismo importante que foi extensivamente estudado e prové importantes coñecementos á bioloxía celular.
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
{{ORDENAR:Botanica}}
 
[[Categoría:Botánica]]
[[Categoría:Historia temática]]
 
{{Link GA|en}}