Diferenzas entre revisións de «Tiburón branco»

m
Bot: "en:Great white shark" é un artigo bo; cambios estética
(*blanco>branco)
m (Bot: "en:Great white shark" é un artigo bo; cambios estética)
{{outroshomónimos|Tiburón (homónimos)}}
{{Taxobox
| name = Tiburón branco<br />(''Carcharodon carcharias'')
| fossil_range = [[mioceno]] - [[holoceno|actualidade]] <ref name =GF>Gottfried M. D., Fordyce R. E. (2001): "An associated specimen of ''Carcharodon angustidens (Chondrichthyes, Lamnidae)'' from the Late Oligocene of New Zealand, with comments on ''Carcharodon'' interrelationships". ''Journal of Vertebrate Paleontology'' '''21''' (4): 730–739. [http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.1671/0272-4634%282001%29021%5B0730%3AAASOCA%5D2.0.CO%3B2]</ref>
| image = Carcharodon carcharias.jpg
=== Características xerais ===
 
Os tiburnós brancos caracterízanse polo seu [[corpo]] fusiforme, alongado e forte. O [[fociño]] é cónico, curto e groso. A [[boca]], moi grande e arredondada, é parabólica (ten forma de arco), e permanece sempre entreaberta, deixando ver polo menos unha fileira de [[dente]]s do maxilar superior, moi grandes, planos, e unha ou dúas da inferior, mentres a auga penetra nela e sae continuamente polas cinco [[branquia|aberturas branquiais]].<ref name = R>Rodríguez Villanueva (1992), p. 44.</ref> Se este fluxo se detivera, o tiburón afogaría por carecer de [[Opérculo (peixes)|opérculos]] para regular o paso correcto da augua, e afundiría, xa que non ten tampouco [[vexiga natatoria]], polo que se vé condenado a estar en continuo movemento.
[[Ficheiro:Great white shark is going for a bait.jpg|thumb|esquerda|270px|Tiuburón branco atacando unha presa.]]
[[Ficheiro:Great white shark south africa.jpg|thumb|esquerda|270px|Tiburón branco en augas de [[Sudáfrica]].]]
Esta especie tamén consome preas, especialmente as que proceden de cadáveres de [[balea]]s á deriva, das que arrincan grandes anacos. Preto das costas, os tiburóns brancos consomen grandes cantidades de obxectos flotantes por erro: nos seus estómagos chegaron a encontrarse incluso matrículas de [[automóbil]]es.{{cómpre referencia}}
 
Tanto na caza como no resto da vida os tiburóns brancos adoitan seren solitarios. Ocasionalmente vense parellas ou pequenos grupos desprazándose á busca de alimento, labor que os leva a percorrer centos de quilómetros. Aínda que preferentemente nómades, algúns exemplares prefiren alimentarse en certas zonas costeiras, como ocorre nalgunhas rexións de California, Sudáfrica e especialmente Australia.
 
== Inimigos naturais ==
Debido ao amplo rango de distribución desta especie, é imposíbel saber o número de espécimes que existen, aínda que sexa de forma aproximada. Porén, a súa baixa densidade poboacional, unida á súa escasa taxa de reprodución, a súa longa infancia e á súa baixa esperanza de vida, fan que o tiburón branco non sexa un animal precisamente abundante. A pesca deportiva deste tiburón, sen interese económico ningún, incrementouse nos últimos 30 anos debido en gran parte á popularidade de filmes como ''[[Tiburón (filme)|Tiburón]]'' ([[Steven Spielberg]], 1975) até o punto de que se considera ameazada ou en perigo de [[extinción]] en varios lugares.
 
[[Ficheiro:Great white shark and cage diving 2.wmv.OGG|thumb|250px|Vídeo da aproximacón dun tiburón branco a unhha galiola de inmersión.]]
[[Ficheiro:Great white Dyer island 2010-07.jpg|thumb|250px|Tiburón branco visto desde unha gaiola de inmersión.]]
 
A [[Lista Vermella da IUCN]] incluíu ao tiburón branco por primeira vez en 1990 como ''especie insuficientemente coñecida'' e, desde 1996, cualifícao como ''especie vulnerábel''.<ref>Fergusson, I., Compagno, L. e Marks, M. (2000): [http://www.iucnredlist.org/details/3855/0 ''Carcharodon carcharias'' en IUCN Red List of Threatened Species, Vers. 2009.1.] {{en}} Colnsultada o 26/11/2012.</ref> O Apéndice II do Convenio [[CITES]] inclúeo como especie vulnerábel se non se explota racionalmente.
 
As medidas de conservación deben aplicarse obligatoriamente sobre as pobacións en liberdade, xa que a cría en catividade desta especie é imposíbel, debido probabelmente ao seu acusado carácter nómade. Un dos poucos exemplares que chegaron a ser exhibidos vivos foi unha femia nova chamada ''Sandy'', que viviu durante tres días do mes de agosto de 1980 no ''[[Acuario (recipiente)|Acuario]] Steinhart'' de [[San Francisco]]. Tras só 72 h de cativerio, ''Sandy'' tivo que ser liberada despois de que deixara de comer e se provocara graves feridas ao chocar repetidamente contra unha das paredes do recinto onde estaba. Posteriormente descubriuse que o que atraía a ''Sandy'' cara a ese lugar en particular era unha minúscula diferenza de [[potencial eléctrico]] de 125 microvoltios (millonésimas de [[voltio]]) entre esa parede e o resto das do acuario. A intensidade do campo eléctrico que ''Sandy'' detectaba era tan pequena que pasaba desapercibida para calquera dos outros animais que se encontraban no mesmo tanque de auga, incluídos varios tiburóns doutras especies.
 
Polo de agora non existe ningunha moratoria legal internacional sobre a pesca do tiburón branco, aínda que está prohibida nalgunhas zonas da súa área de distribución. O tiburón branco é unha especie protexida en California, a costa leste de Estados Unidos, o golfo de México, [[Namibia]], Sudáfrica, [[Maldivas]], [[Israel]] e parte de Australia ([[Australia Meridional]], [[Nova Gales do Sur]], [[Tasmania]] e [[Queensland]]). A Convención de [[Barcelona]] considérao como unha especie ameazada no Mediterráneo, pero case ningún país con saída a este mar dispuxo ningunha medida en favor da súa conservación.
=== Bibliografía ===
* Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): ''Sharks of the World''. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
* Ellis, Richard e John E. McCosker (1991): ''The Great White Shark''. Stanford University Press. ISBN 9780804725293978-0-8047-2529-3.
* Moreno, Juan A. (2004): ''Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
* Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): ''Guía dos peixes de Galicia''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
* Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): ''Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
* Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): ''Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes).'' O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
* [http://www.sharkresearchcommittee.com Shark Research Committee]. Varias ligazóns cara a artigos sbre o tiburón branco {{en}} Consultada o 26/11/2012.
* [http://www.flmnh.ufl.edu/fish/sharks/statistics/statistics.htm International Shark Attack File] Estatísticas de ataques do tiburón branco. {{en}} Consultada o 26/11/2012.
* [http://www.fao.org/fishery/species/2799/en ''Carcharodon carcharias'' na Web da [[FAO]] Fisheries and Aquaculture Department] {{en}} Consultada o 26/11/2012.
* [http://www.ucmp.berkeley.edu/vertebrates/Doug/shark.html ''The Great White Shark''] Artigo da Universidade de Berkeley (California)] {{en}} Consultada o 26/11/2012.
 
[[Categoría:Condrictios]]
[[Categoría:Fauna de Galicia]]
[[Categoría:Animais descritos en 1758]]
 
{{Ligazón AB|en}}
{{Ligazón AD|ar}}
{{Ligazón AD|ru}}
{{Ligazón AD|sl}}
 
[[Categoría:Condrictios]]
[[Categoría:Fauna de Galicia]]
[[Categoría:Animais descritos en 1758]]
 
{{Link GA|en}}
76.564

edicións