Gordon Banks: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Gordon Banks" é un artigo bo; cambios estética
Liña 1:
'''Gordon Banks''', nado en [[Sheffield]], o [[30 de decembro]] de [[1937]], é un [[futbolista]] [[Inglaterra|inglés]] retirado, [[Order of the British Empire|OBE]].
 
== Traxectoria ==
Está considerado un dos mellores porteiros da historia. Xogou coa selección inglesa 72 veces e foi un dos piares do equipo que gañou o Mundial de Fútbol en [[Mundial de fútbol de Inglaterra 1966|1966]] <ref>Richard Witzig''The Global Art of Soccer'', CusiBoy Publishing, 2006, ISBN 09776688000-9776688-0-0, páxina 135 </ref>. En [[Inglaterra]] era coñecido como "Banks of England" debido á súa habilidade. En inglés é un xogo de palabras con "Bank of England" (Banco de Inglaterra).
 
Xogou nos seguintes clubes:
 
* 1955-59 [[Chesterfield F.C.]]
* 1959-67 [[Leicester City F.C.]]
* 1967-72 [[Stoke City F.C.]]
* 1977-78 [[Fort Lauderdale Strikers]]
* 1980 Adestrador do Telford United
 
Foi galardoado coa [[Order of the British Empire|OBE]] no ano [[1972]]. Ese mesmo ano perdeu a visión nun ollo a consecuencia dun accidente de tráfico.
 
Moita xente atribúe a Gordon Banks a mellor parada de tódolos tempos. Foi no [[Mundial de Fútbol México 1970|Mundial de 1970]], contra [[Selección de fútbol de Brasil|Brasil]], cando rexeitou un maxistral testarazo de [[Pelé]] axustado ó pau amosando unha axilidade abraiante que foi recoñecida polo propio [[Pelé]] <ref> Ian Grierson ''The Eye Book'' Liverpool University Press, 2000, ISBN 08532375570-85323-755-7, páxina 132</ref>.
 
== Notas ==
<references/>
 
Liña 30:
[[Categoría:Nados en 1937]]
[[Categoría:Nados en Sheffield]]
 
{{Link GA|en}}